A páxina de escoitar está dividida en duas partes. Por unha banda está o hack de loudblog (que se pode descargar máis arriba), e pola outra o espazo de documentación, feito co software CMS spip.
Para os interesados no esqueleto (creado para esta zona de documentación) pode descargarse na seguinte ligazón:
Outras ferramentas empregadas neste proxecto:
Google Maps API: Unha aplicación de google que permiten mostrar mapas de forma dinámica.
FlashObject: para unha boa visualización de contidos flash na páxina web.
Audio-Player: un reproductor flash de audio en formato mp3.
Lightbox: un ajax que permite mostrar galerias de imaxes de maneira non intrusiva.
OverLib: obxecto que permite mostrar comentario cando o rato pasa por zonas determinadas.








