Novo Trac system trac.escoitar.org )))

Por Horacio González. sábado, 20-09-2008
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Horacio González. Novo Trac system [online]. Vigo, España, Escoitar.org, setembro do 2008 [versión de setembro do 2008] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Novo-Trac-system

Fonte orixinal en:

http://trac.escoitar.org/browser
Espera un momento ¡Buscando artigos!
Acabamos de instalar un track system feito con Trac (http://trac.edgewall.org/). Esta nova ferramenta vai servir para crear en rede e de forma colaborativa os esqueletos de escoitar.org xunto con outros proxectos, como algunhas instalacións intercativas, que estamos a desenvolver.

trac.escoitar.org

A verdade é que nos levou un anaco averiguar como instalar Trac en DreamHost, pero ao final resultou bastante sinxelo. Primeiro seguimos os pasos "Add the subdomains" e "Add the SVN repository" deste tutorial (http://li.mn/work/2006/07/11/484/installing-trac-on-dreamhost), para crear os subdominios "trac.escoitar.org" e "svn.escoitar.org". A continuación utilizamos Dreamy-Trac (http://code.google.com/p/dreamy-trac/) e este tutorial (http://www.petarmaric.com/entry/2008/aug/22/trac-dreamhost-install/) para facer a instalación de Trac. Solo é necesario conectarse a o servidor via ssh e teclear o seguinte.
wget http://dreamy-trac.googlecode.com/files/dreamy-trac-0.11.1.tgz
tar xzvf dreamy-trac-0.11.1.tgz
cd dreamy-trac
./configure.sh
source ~/.bash_profile
./install.sh
* A nos nos deu bastante lata o usuario e os subdominios, de feito tivemos que borralos e volvelos a crear para que todo funcionara correctamente.
Podedes achegarvos polo trac para seguir os desenvolvementos de que fagamos en escoitar.org ))) e contactar con nos, para engadirvos como usuarios se queredes colaborar.