Manuel Rivas eloxia Escoitar.org

Por Escoitar.org. venres, 7-09-2007
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Escoitar.org. Manuel Rivas eloxia Escoitar.org [online]. Vigo, España, Escoitar.org, setembro do 2007 [versión de setembro do 2007] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Manuel-Rivas-eloxia-Escoitar-org
Espera un momento ¡Buscando artigos!





Artigo no País, Edición Galicia.

Manuel Rivas, xornalista e escritor, e un dos intelectuais máis activo e comprometido coa Cultura Galega (non necesita presentación), eloxia o traballo de Escoitar.org. Foi o xoves 7 de setembro no xornal El País.

Grazas.

EXTRACTO DO ARTIGO

"Galicia é unha xente e un territorio. Mais é tamén un tecido de sons. Unha realidade acústica. Unha inmensa mestura polifónica que constitúe un rumor. O rumor galego. Cal é a verdadeira banda sonora arestora? Mesmo o que semella ruído, barullo, ten unha orixe e unha determinación formal. E os tipos de silencio (que equivalen aos "límites") resultan ser sons fundamentais para interpretar o que está a pasar.

Non é casualidade que unha das organizacións máis interesantes das xurdidas nos últimos tempos en Galicia é a chamada Escoitar.org. Preséntase como "unha porta aberta para construír a representación aural do país", segundo leo nunha magnífica reportaxe de Marga Tojo, en Galicia hoxe. Esta organización do Escoitar está formada por especialistas, xente nova moi competente, universitaria, que está a rexistrar non só o dicir das xentes ou as voces animais senón tamén o falar das cousas todas. Cada recanto dun mar ou dun río ten a súa voz, como é diferente o son de cada campá ou das diferentes árbores abaneadas polo mesmo vento. O símbolo de Escoitar é unha escultórica orella que acompaña ao equipo como icona nos lugares de traballo."







PDF - 168.9 KB
Manuel Rivas (El País) e a Escoita