Gravación: Procesión do Cristo da Victoria

Por Chiu Longina. sábado, 26-08-2006
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Dereitos de autor Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Chiu Longina. Gravación: Procesión do Cristo da Victoria [online]. Vigo, España, Escoitar.org, agosto do 2006 [versión de agosto do 2006] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Gravacion-Procesion-do-Cristo-da
Espera un momento ¡Buscando artigos!

A PROCESIÓN MÁIS MULTITUDINARIA DA CIDADE DE VIGO, PONTEVEDRA.

Percorrido: Saída da Colexiata
Colexiata, Rúa Real, Berbés, San Francisco, Canovas del Castillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Policarpo Sanz, Porta do Sol (ofrenda floral e himno), Praza da Constitución e rúa Triunfo.

A gravación foi feita no derradeiro tramo do percorrido, concretamente dende Policarpo Sanz, pasando pola Porta do Sol (incluíndo a ofrenda floral e o himno), seguindo pola Praza da Constitución, a rúa Triunfo e rematando na entrada da imaxe do Cristo á Concatedral (a Colexiata) -tal como se pode ver no mapa da cabeceira-. A duración é de algo máis de 25 minutos. Para o rexistro utilizouse un micrófono de condensador co que se acompañou á procesión durante este último tramo. Nela pódense escoitar a ofrenda floral, o himno, a formación da Brilat (o sección do exército que acompaña á procesión) e os cánticos dirixidos por unha voz dun sacerdote que se escoitaba polos altofalantes instalados ao longo das rúas de Vigo.

Unhas pinceladas na historia desta procesión e do Cristo da Victoria:

A colexiata de Vigo foi construida no 1816 e a imaxe do Cristo da Victoria, foi esculpida arredor do 1680. A talla, ainda que tradicionalmente datábase cara este ano, foi restaurada no 1998 e finalmente foi atribuida ó escultor vasco Sebastián Ucete, ubicándoa en torno ó 1740.

[(Do mesmo ano son as primeiras referencias fiables, baixo o nome de “Cristo da Boa Victoria”, anterior incluso á invasión francesa da cidade. A figura foi doada por Marcó del Pont, industrial catalán afincado en Vigo na segunda metade do XVIII, antigo rexidor municipal e posuidor dunha frota de corso, cun barco denominado Cristo da Boa Victoria.
Texto orixinal: http://hoxe.vigo.org/.)]

Esta procesión (devota e multitudinaria) ten lugar o primer domingo do mes de agosto na ciudad de Vigo. Os veciños lánzanse á rúa para honrar ó Cristo da Victoria, de quen se di que axudou á cidade a vencer ó exército francés (as tropas napoleónicas) na súa invasión de 1809. Por ese motivo foi nomeado "patrón da cidade". A denominación de ’da Sal’ (Cristo da Sal) débese a que, según contan, o Cristo foi atopado por un cargueiro de sal no mar, era a mercadoría que transportaba o mercante que a rescatou do mar, preto das illas Cíes, despois de que alguén guindase con ela ás augas para evitar que caese nas mans dos piratas ingleses.

Algúns links:
El Correo Gallego:
"La mayor procesión de Galicia llenó de fe y pasión las calles de Vigo pese al humo y al calor"
Faro de Vigo:
"El Cristo de la Victoria, entre cenizas"
Vigoenfotos.com:
"Fotos procesión año 2005"

Escoitar a gravación:

FOTOS: GRAVANDO A PROCESIÓN