Equipo

Por Escoitar.org. venres, 28-07-2006
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Escoitar.org. Equipo [online]. Vigo, España, Escoitar.org, xullo do 2006 [versión de febreiro do 2012] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Equipo
Espera un momento ¡Buscando artigos!

EQUIPO PRINCIPAL DE TRABALLO

Chiu Longina (contactar)
Antropólogo (Univ. Complutense, Madrid). Estudos de Musicoloxía (Univ.da Rioxa). Artista sonoro e creador de espacios acústicos. Co-coordinador das propostas sonoras do Festival de Arte Sonora IFI de Pontevedra (Fac.Belas Artes/Pazo da Cultura), membro do colectivo SINSALaudio de Vigo, da Asociación Alg-a e do Centro de Creación Experimental de Conca, na Facultade de Belas Artes da Universidade de Castilla La-Mancha. Co-editor e co-coordinador na rede de Mediateletipos.net e de Artesonoro.org.

web persoal: chiu longina

Berio Molina (contactar)
*Nado na Fonsagrada (Lugo (Galicia)) en 1979.
*Membro da comunidade de arte e acción libre alg-a.
*Membro do equipo de desenvolvemento de escoitar.org.
*Foi membro do colectivo de performances Flexo dende 1999 ata 2004.
*Membro do equipo de producción do festival IFI nos anos 2002, 2003 e 2004.

performance, audio, instalación, interfaces interactivas

web persoal: www.berio.alg-a.org

Horacio González (contactar)
Lic. En Bellas Artes, programador e coordinador do Festival de Arte Sonora IFI (Fac. Belas Artes de Pontevedra), membro do equipo de desenvolvemento do proxecto de Paisaxe Sonora en Galicia Escoitar.org.

web persoal: horacio gonzález

Juan-Gil Rodríguez (contactar)
Musicólogo pola Universidade de Oviedo. Desenvolveo diversas investigacións tanto no campo da etnomusicoloxía e a música popular urbana, como no da música contemporánea, traballando nos últimos anos no ámbito interdisciplinar da música e as artes plásticas –Espacio Permeable-. Ademáis da súa actividade dentro da crítica musical –Mundo Clásico e La Opinión- participou nos proxectos de investigación 100 años de la Biblioteca América (Vicerrectorado de Cultura e Servicios á Comunidade Universitaria, USC) e Raices musicales (Secretaría de Ciencia y Técnica y Posgrado de la Universidad Nacional de Cuyo, Mendoza, Argentina). Na actualidade realiza a súa tesis doctoral baixo a dirección do Doctor José Antonio Sarmiento na Universidad de Bellas Artes de Cuenca (UCLM) centrándose nas relacións entre corpo e música no século XX.

Julio Gómez (contactar)
Coordinador do Colectivo SINSALaudio e xerente-programador do Clube Vademecwm.

web: sinsalaudio.org

Carlos Suárez Sánchez (contactar-carlossuarez1966[arroba]gmail.com
Compositor e etnomusicólogo galego. Ourense. Emigra cos seus pais a Venezuela en 1967 e retorna a Galiza en 2005. No 1986 iníciase o seu traballo como compositor creando mais de 40 obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela iniciaronse en 1989, principalmente nas áreas culturais indíxena e afrovenezolana, facendo gravacións e estudos sobre a bioloxía acústica das zonas visitadas (paisaxes sonoras). Transcribiu mais de 36.000 compases da música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF “Fundación de etnomusicología y folklore”, e para FINIDEF “Fundación internacional de etnomusicología y folklore” durante 10 anos. No ano 2006 gaña o premio nacional de cultura polo seu libro, “Los chimbángueles de San Benito”. Participou en múltiples foros e congresos expoñendo o fruto das súas investigacións en Venezuela, Brasil, Colombia, Perú e España. Principalmente sobre composición, etnomusicoloxía e paisaxes sonoras, sobre este tema destacan: “Diferenzas entre a paisaxe gravada, percibida e revelada”, “Análisis e descripción da paisaxe sonora”, e “Paisaxes sonoras e composición”.

carlossuarez1966[arroba]gmail.com

carlossuarez1966.wordpress

10 Mensaxes do foro

  • Parabens

    21 de xuño do 2009 16:26, por vradok

    Parabens polo traballo feito, e unha idea orixinal moi ben levada a cabo. Somentes dicir que debedes promocionar un pouco mais o site xa que e unha magoa que a xente non coñeza proxectos como iste.

    Seguide traballando asi

    Responder a esta mensaxe
  • Equipo

    27 de novembro do 2007 10:26, por Ester

    Enhoraboa. Pareceme unha paxina fantastica. Ademais das utilidades e intereses que manifestades na paxina,como rexistro , material de investigacions, coñecemento,..ten outras bondades. Podes elexir un son ,pechar os ollos e tranportarte no espacio e no tempo. Penso nos que estan fora, o reconfortante que pode ser, a ledicia e balsamo para os que estan nun hospital, ou os que sinten nostalxia dos seus entornos habituais ou naturais. Eu tamen estudiei antropoloxia e por ese interes entrei na paxina. Alegrome moito da iniciativa.

    Responder a esta mensaxe
    • Equipo
      9 de decembro do 2007 13:22

      Completamente de acordo co comentario de Ester. Felicitacions o equipo e saudos dende Cataluña Gabi

      Responder a esta mensaxe
    • Equipo
      27 de novembro do 2007 13:37, por chiu

      Grazas Ester, agradécense moito este tipo de comentarios. Gustanos saber que ofrecemos un servizo como o que ti comentas.

      Unha aperta e felices escoitas

      Escoitar.org

      Responder a esta mensaxe
  • Sones nosos

    26 de setembro do 2006 10:47, por Juan Varela

    Proxecto indispensável, magnífico. Escoitando lembréi o que xa non atopaba na memoria. Din que eso é o son. Saber alén da experiencia. Magnífico.

    Ver en liña: Escuchar, pensar, oír Galicia
    Responder a esta mensaxe
    • Sones nosos
      27 de setembro do 2006 03:43, por Chiu Longina

      Moitas grazas polas túas palabras Juan, e polo post do teu blog. Estamos agora mesmo facendo a paisaxe sonora do barrio xudio en Córdoba tamén.

      O día 1 de outubro (este domingo) no programa Miraxes facemos unha primeira presentación do proxecto e un tempo despois faremos a presentación oficial a prensa na nosa terra.

      Farase tamén un obradoiro no museo Marco e na Facultade de Belas Artes de Pontevedra para ensinar á xente a colaborar no proxecto e sistematizar pouco a pouco as paisaxes dos lugares de Galiza.

      Imos informar de todo elo nesta web.

      Grazas de novo

      Chiu Longina

      Responder a esta mensaxe
  • equipo

    27 de agosto do 2006 21:11, por pablo sanz

    muy guapos y concentrados aparecen los 4 en plena sesión de trabajo... jejeje...

    audioabrazos para todos + sigan asi

    Responder a esta mensaxe
    • equipo
      29 de agosto do 2006 16:31, por Chiu Longina

      epaa pablo!!, recibimos los cumplidos. Gracias (pronto aparecerás tu en estas fotos, gegege

      Responder a esta mensaxe
  • equipo

    17 de agosto do 2006 11:43, por Pedro Jiménez

    enhorabuena por el proyecto y por las imágenes, son muy chulas!

    Responder a esta mensaxe
    • gracias pedro
      17 de agosto do 2006 14:17, por Chiu Longina

      estamos en ello, dando los últimos retoques a todo el sistema, y preparando la presentación. Un abrazo caballero (chiu y berio)

      Responder a esta mensaxe

X

En novembro de 2013 Google deixou de dar soporte á versión 2 da súa API, na que estaba enteiramente baseada a web de Escoitar. Dende entón esta páxina experimenta moitos problemas técnicos que producen fallos e erros no seu funcionamento. A solución do problema pasa polo desenvolvemento dunha nova versión deste mapa sonoro, pero nestes intres non temos recursos para facelo. Mentres estamos a procura do apoio necesario para levar a cabo este traballo, vos pedimos encarecidas desculpas polas molestias que poda supoñer á hora de subir, compartir ou escoitar son a través deste sitio.

Version 2 of Google API, in which was entirely based this site, has no support since November 2013. Ever since, the web page experiments many technical problems that may cause failures and errors. The solution lies in the development of a new version of this sound map, but for the moment we do not have the resources to do so. While seeking the necessary support to carry out this work, we apologize for the inconvenience when uploading, sharing or listening sounds through this site.

+ info