Audio-Acción na Ponte Romana de Lugo

Por Escoitar.org. venres, 30-03-2007
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Escoitar.org. Audio-Acción na Ponte Romana de Lugo [online]. Vigo, España, Escoitar.org, marzo do 2007 [versión de abril do 2007] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Audio-Accion-na-Ponte-Romana-de
Espera un momento ¡Buscando artigos!

Preséntase aquí o proxecto a desenvolver no Festival Lucus Augusta de Lugo os días 13 e 14 de abril de 2007 por parte da Asociación Escoitar.org (rexistro e creación a través do son ambiental de Galicia).

NOTA DE PRENSA DO MARCO

O venres 13 e sábado 14 de abril, as actividades paralelas que Escoitar.org ven organizando no Espazo Anexo do MARCO trasládanse a Lugo, onde membros deste colectivo participarán en distintas actividades —mesas redondas, conferencias, audio-accións— que terán lugar en varios puntos da cidade, dentro do programa de Arte Sons (Encontro de Arte Sonora e Música Experimental).

Arte Sons son unhas xornadas adicadas á difusión de música experimental e arte sonora de colectivos e artistas nacionais e internacionais dentro dos parámetros da cultura libre, dos procesos de creación colectiva, e da producción alternativa. O programa comprende dende debates teóricos ata accións sonoras no contorno da cidade, e culmina cunha mostra do traballo de diversos artistas dentro do variado espectro da arte sonora, a electrónica experimental, a improvisación electroacústica, a música xenerativa e o ruído.

Ademais da súa participación nunha mesa redonda sobre a música libre no contexto da creación en rede, e nun seminario en torno á escoita activa, as actividades de Escoitar.org nestas xornadas inclúen unha audio-acción que consistirá nunha visita médica á antiga ponte romana.

Audio-acción: Visita médica á Ponte Romana de Lugo Data: sábado 14 abril Lugar: Ponte Vella, Lugo Horario: a partir das 18.00

Provistos de fonendos xigantes, martelos de precisión, e outros aparatos médicos, membros do colectivo Escoitar.org tomaranlle o pulso sonoro á antiga Ponte Romana, comprobando o seu estado de saúde acústica despois de máis de vinte séculos de existencia.

+ INFO (sobre estas actividades e o programa completo das xornadas) en: http://www.artesons.org

[Baixar PDF co proxecto completo]

PDF - 3.1 MB