A "Escultura Escoitadora" de Escoitar.org

Por Escoitar.org. luns, 3-12-2007
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Escoitar.org. A "Escultura Escoitadora" de Escoitar.org [online]. Vigo, España, Escoitar.org, decembro do 2007 [versión de decembro do 2007] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/A-Escultura-Escoitadora-de
Espera un momento ¡Buscando artigos!

Fartos das Esculturas Sonoras estáticas e románticas Escoitar.org constrúe unha "Escultura Escoitadora" vivinte no Parque de Bonaval de Santiago de Compostela.

Foi dentro das actividades do taller que o Colectivo ofreceu no CGAC (Centro galego de Arte Contemporánea) en Santiago de Compostela do 20 ó 30 de novembro de 2007.

MÁIS ACTIVIDADES NO CGAC

No mes de xaneiro de 2008 Escoitar.org coordina unha xornada de conferencias co título "Cartografías da escoita. Son e lugar" e que contará coa participación de, entre outros, Bill Fontana, David Toop, Carmen Pardo, Hildegard Westerkamp, Jean-Paul Thibaud, José Luis Carles ou John Levack Drever. Máis adiante, en febreiro coordinará tamén un ciclo de cine documental e de ficción titulado "Audiovisions: unha historia social da música", que terá o son como eixo central: THEREMIN: AN ELECTRONIC ODYSSEY (1994), TOUCH THE SOUND (2004), KILL YOUR IDOLS (2004), TOKYO NOISE (2002) ou EL GRAN SILENCIO (2005) serán algúns dos títulos que poderanse ver neste ciclo.