O río corre pola garganta do val entre o canto dos paxaros, unha discusión afastada, e un coche que cruzan deixándose escoitar nalgunhas curvas.
Tascam HD-P2 Rode NT-4
Xunto á explicación do ferreiro, nesta toma nótase o chisporroteo do lume en fráguaa e o aire que lle insufla o compresor.
Tascam HD-P2 Rode NT-4
Nesta gravación escoitamos o son da pedra de afiar, este traballo corresponde á fase final do traballo de fabricación dunha fouce. Percibimos como a auga pon en marcha as aspas que moven a pedra, a continuación os ruídos que produce a fouce ao ser raspada pola pedra. Percibimos como o son cambia cando máis ou menos forza.
Tascam HD-P2 Rode NT-4
Unha vez que a fouce esta formada o metal debe ser amornado para que non se crebe, para iso quéntase en fráguaa e mergúllase en auga ata que adquire “cor perdiz”. Escóitanse aquí timbres moi diversos, a auga, martilleos, gravado da firma do fabricante ou a caída de varias fouces e coitelos.
Tascam HD-P2 Rode NT-4
Esta paisaxe sonora corresponde ao val onde traballan os ferreiros, os coches pasan pola estrada moi preto do micrófono, producindo un curioso efecto estereofónico que se corta pola sombra acústica que produce o corpo de quen o sostén, tamén pode apreciarse a resonancia do val tras os golpes do martelo.
Tascam HD-P2 Rode NT-4
Esta é unha toma do martelo pneumático, que dá forma aos utensilios que se fabrican, tamén pode escoitarse uns chillidos que corresponden á banda de goma que transmite a enerxía do motor ao compresor.
Tascam HD-P2 Rode NT-4
Nesta toma apreciamos unha gran variedade de sons, o aire que aviva a chamas onde é quentado o ferro para darlle forma, un clik que acende o motor do compresor que aviva fráguaa, despois o martillado sobre o yunque e finalmente o martelo pneumático aplana o instrumento que se constrúe.
Tascam HD-P2 Rode NT-4