26 de Novembro do 2008

Unha semana mais, acode escoitar.org esta semana de man, novamente, da man de Horacio e Juan Gil, que esta semana van cargados co son dun muiño electrico moendo millo.
Tras explicar que escoitar.org foi contactado dende a fonoteca nacional mexicana para facer unha instalación que presente o material mediante un mapa de sons de Mexico.
Sona o son e o primeiro en chamar é Jose de Lobios. Seica di que é o seu muíño. Debe ser o mesmo modelo de muíño que o que ten el na casa. Rapidamente acertado. Moi ben Xose. Preguntado por que son cree el que habería que gravar en Lobios, responde que as arias na serra da terra do Xures. Tomamos nota Xose da súa proposta, i esperamos poder acercarnos por Lobios para facer algunha gravación dos sons naturais que se poden escoitar na terra do Xures.
Esta semana atinaron a primeira os ointes. A semana que ven haberá que poñerllo un pouquiño mais complicado. Despídese escoitar.org unha semana mais, prometendo voltar para a seguinte cunha nova proposta para os oídos d@s oíntes do tren do serán.
Escoitar o programa [7′00”]
Baixar o audio (en mp3)