25 de Febreiro do 2009
Unha nova semana acode escoitar.org fiel a sua cita dos mercores c@s ointes do tren do serán. Desta volta estamos virtualmente, levando os sons do entroido da cidade alemana de Karlsruhe, onde esta semana estamos impartindo un taller sobre o fenomeno sonoro.
Vamos a ver se os oidos dos galegos están finos tamen para identificar sons de fora do pais.
Sona o son, e depois dun anaco, chama Xose que escoita dende Pontevedra, quen dí que a el lle parece como o son do entroido. Impresionante!!! A primeira. Vese que o son da festa, e nestas datas, traenos a todos a idea de troula, carne i entroido. Moi ben escoitado, xose. Preguntado sobre que sons de Pontevedra lle parece a el que habería que recoller, comenta, despois de pensalo un anaquiño, que a lle chama moito a atención o silencio dos domingos pola maña na cidade vella. Unha boa suxestión, inda que un pouco “puñetera”, dificil gravar o silencio… Pero non imposible.
Como esta semana acertaron á primeira, despedimonos pronto, ata a semana que ven, onde, coma sempre, apareceremos cargados cun novo son, dispostos a escoitar como están de oido @s galeg@s.
Escoitar o programa [06′30″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?