29 de Outubro de 2008
Outra semana acode escoitar ao tren do serán, esta vez da man de Horacio Gomez.
Comeza contando que esta semana escoitar está de traballo ala polas Canarias, presentando o proxecto, e tentando construir un mapa sonoro nas canarias.
Esta semana había deberes, @s ointes tiñan toda a semana para pensar sobre o son que achegaramos a semana pasada e que ninguen foi quen de atinar. Tras volver a poñer outra vez o son, a xente segue sen animarse. Recorda Horacio que xa se puxo un parecido nalgunha edición anterior do programa.
Chama Xan dende Vigo, quen pensa que pode tratarse do pantalan de cangas, non é o de cangas, pero si que é un pantalan. Noraboa Xan. Efectivamente. Era arriscado, pero acertou. Xan inclinouse polo pantalan de cangas, porque lle chamou a atención o son que facían os xonetes nas partes metálicas. Preguntado a que soa Vigo, a el chámalle a atención sons como o da antiga serea da factoría de Alvarez.
Outro que tamén chamou é Xurxo de Valdeorras, quen pensaba que se podía tratar o rinchar que fan entre dous vagois. Preguntado por sons especiais que se poden escoitar no barco, el dí que o son do caer das castañas. Xa tan gravadas, pero seguro que as do barco soan de xeito especial. Seica o son do Sil ao pasar polo barco tamén emite un son especial.
Despedímonos ata a semana que ven, propoñendo traer un novo son a ver se @s ointes son que de acertalo. Ata a semana que ven!!!
Escoitar o programa [10′54″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?