Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

22 de Outubro de 2008

otrendoseran_g.jpg

Unha semana mais acode escoitar.org ao tren do serán, nesta ocasión da man de Juan Gil que chega cargado cun soi moi misterioso.

Tras sonar o son e aclarando que non é Sebi facendo flexións, chama Santi dende Caldas de Reis, quen pensa que pode ser un muiño. Rápidamente Juan dí que non é un muiño. Ruxe demasiado.

Chama Tito dos Mercores, que di que lle parece que é o apritar dos tornillos nunha madeira. Efectivamente, hai tornillos, pero non é madeira. Como parece que a cousa está dificil, volve a sonar o son.

Chama Beni dende Vigo, dí que pode ser unha prensa de viño. Non é unha mala idea, pero é unha boa suxerencia para gravar.

Finalmente anímase Jose quen dí que lle parece que é o seu veciño cando está apretando os tronillos oxidados. Tampouco. Cachissss…

Esta semana parece que o puxemos dificil. Ninguen foi quen de acertar o son que trouxemos hoxe ao tren do seran. Quedan de deberes para a semana que ven a ver se @s ointes do programa, pensando durante a semana, son capaces de dar co que pode ser este son.

Escoitar o programa [8′52″]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif