8 de Outubro de 2008
Unha semana mais acode escoitar.org ao tren do seran, esta vez da man de Horacio e Juan Gil, que van cargado co son do comedor do colexio de primaria de Calo.
Escoitase o son e chama Pedro dende Santa Comba, di que rapidamente que a el lle parecen nenos nun colexio comendo. A primeira!!!. Notase que el de pequeno tamén comía nun comedor e seica inda metían mais barullos. Preguntado por un son que lle gustaría conservar, a el resúltalle especialmente agradable o son da cascada do rio Xallas á que vai pescar todos os domingos pola maña. Tomamos nota, Pedro, e iremos en busca desa cascada.
Explica Juan Gil que o son foi gravado no colexio de Calo, nun estudio que se fixo para estudiar o aspecto sonoro do colexio, para intentar reducir o nivel de contaminación acuústica nas estancias do colexio.
Despidimonos outra semana mais, prometendo voltar para a que ven cargados cun son algo mais dificil.
Escoitar o programa [5′54″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?