17 de Setembro de 2008

Unha semana mais acode escoitar.org da man de Juan Gil e Horacio Gonzalez ao tren do serán. Esta semana vamos cargados cun toque de campas de primeiro aviso para misa de domingo a ver se os oíntes son capaces de adiviñar o tipo de toque que está soando.
Chama Gonzalo dende Crecente, quen di que a el lle parecen que o que dan é o primeiro toque da misa dos domingos. Efectivamente. Notase que el foi monaguillo na súa parroquia. E tiña que dar os seus toques. Explica que el recorda perfectamente os toques, pero inquirido sobre algún son que crea que mereza a pena ser gravado, contesta que non se lle ocorre ningún.
Comenta Juan Gil que a gravación do toque foi recollida na xuntanza de campaneiros en Insua, Pontecaldelas. Unha xuntanza que foi organizada pola asociación Vaipolorio, onde campaneiros de distintas parroquias de Galicia se xuntaron para tocar distintos sinais de campas, tal e como se facían (ou fan) na súa parroquia.
Inquirido Horacio sobre as futuras actividades de escoitar.org sobre a recolleita de sons en perigo de extinción, comenta que sobre o que se está traballando agora mesmo dende a asociación é na selección de sons para a elaboración de algún tipo de publicación.
Despedímonos unha semana mais dos pasaxeiros do tren, prometendo volver subir a el novamente a semana que ven, puntuais como sempre, cargados con outro son para ver se os ointes son quen de acertalo.
Escoitar o programa [8′05″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?