Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

6 de Agosto do 2008

otrendoseran_g.jpg

Unha semana mais acode escoitar a sua cita dos mércores no tren do serán. Esta vez van Juan Gil e Horacio Gomez, cargados con sons gravados na praia das catedrais

Hoxe está dificil de acertar a ver que tal.

O primeiro valente: Chama pepe dende Rois, dicindo que a el lle parece auga caendo nun caldeiro, nun bañeira. Non vai mal. Cae auga. Pero falta o lugar… Gracias por intentalo.

O seguinte en Chamar é Fernando dende Fisterra, quen di que a el lle recorda o son das palilleiras cando están palillando. Non esta mal, pero non son palilleiras. Hai auga…

Poñemos un segundo son para intentar dar algunha pista mais.

Chama Jose de Urdilde, que pensa que pode ser auga nunha piscina. Vamonos achegando, pero tampouco é. É algo mais grande :)

Como non se anima ninguén a chamar, escoitamos o terceiro son a ver se dá algunha pista mais aos oíntes.

Chama Carlos dende Ponteareas, que pensa que pode ser o encoro da fervenza de Lourenzá. non. Case pero non. Auga ten, pero inda mais que o encoro.

Chama Antonio que dí que a el lle sona como a cascada do Ezaro. Non. Xa dixemos que non era unha fervenza, pero gracias por intentalo Antonio.

Chama Oscar dende O Milladoiro, quen di que a el parecelle auga caendo nunha cova cerca do mar. Impresionante!!! Deu todo os datos. Soio lle faltou decir cal é o sitio onde pode estar esa cova. E adiviñao: Na praia das catedrais. Si señor!!! Noraboa Oscar por ese bo oído.

Comentan Juan e Horacio que o son foi recollido por suso e Carlos para incorporalo ao proxecto de fonotopias de escoitar.

Noraboa a Oscar polo seu premio. Nos despedímonos unha semana mais esperando volver a semana que ven con un novo son para ver se os ointes do programa son quen de adiviñalo.

Escoitar o programa [11′09″]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif