Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

30 de Xullo de 2008

otrendoseran_g.jpg

Unha semana mais, acode escoitar.org a sua cita de todos os mercores co tren do seran. Desta vez, subense Juan-Gil e Horacio cargados co son da sala de espera dun ambulatorio.

Esta semana vamolo poñer complicado xa que a persona que acerte o sons levarase un exemplar do último disco de Maria do Ceo, “No bico un Cantar”, e o que facemos e ir poñendo sucesivos sons que se dan no espacio a adiviñar para que a xente tente acertalos.

Sona o primeiro son e rapidamente chama Ana que pensa que o son pode ser unha caixa rexistradora nun comercio. Ummm!!! Lastima… Pero non é. Hai un ruido mecánico sí, como de imprimir algo, pero non é o de unha caixa rexistradora… Bo intento pero non é Ana. Gracias por estar ahi e intentalo.

A seguinte en chamar é Maria, e di que a ela tamen lle parece unha caixa rexistradora dun centro comercial. Novamente, parece que o son recorda a eso, pero non é, esta a cousa fria fria…

Escoitamos agora o segundo son, para ver se dá mais pistas.

Chama Andres, quen opina que pode ser unha oficina cunha impresora de etiquetas antigas. Pero non é oficina… Recordanlle Juan-Gil e Horacio que neste segundo son escoitase como un timbre… Poidera ser que fora para dar vez… Parece que a cousa vai por ahi.

Chama jose Manuel que din que pode ser un caixeiro automático nun banco. Non é. Parecese. Silencio. Pero non é. Vamonos acercando, pero inda non chegamos. Jose Manuel. Sentimolo.

Chama Jose dende A Estrada, que pensa que podería ser o son dunha carniceria. Nooooon!!! Millor que non. (Inda que haxa quen pense que de hospital a carniceria pouca diferencia hai ;) Deciao polo son da serra de cortar os osos.

Poñemos o terceiro son. A ver se axuda a que a xente acerte.

Chama Conchi, que despois de escoiar o son, pensa que pode ser o cerre dunha caixa dun restaurante. Non Conchi. É certo que é un lugar onde se escoita moita xente, i onde hai máquinas electrónicas para imprimir, pero non é un restaurante. Lastima.

Chama Gonzalo, que tirandose o mar, de cabeza, e sen salvavidas, pensa que é do ferry que vai de Vigo a Cangas. Unha aposta atrevida. Podería ser pola sonoridade que ten, pero faltanos o son da maquinaria. Non é Gonzalo. Lastima.

Chama Concha, quen di que a ela lle parece, que podería ser… un hospital!!! Efectivamentete!!! Acertou Concha: Os murmullos, a xente silenciosa, a máquina impresora dos tickects. Estamos na sala de espera dun ambulatorio de atención primaria. Bueno, concertamente no de Santiago de Compostela, inda que podería ter sido calquer sala de espera de calquer hospital.

Noraboa a Concha, que se leva o premio de esta semana. Despedimonos unha semana mais, agardando estar de volta a semana que ven, cargados con outro son para subirnos ao tren do seran.

Escoitar o programa [14′00″]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif