23 de xullo do 2008
Unha semana mais acode escoitar.org puntual a sua cita co tren do serán. Neste caso acode Jesús Otero que vai cargado cun son recollido dunha petición dos oíntes do programa: O son do muxido dunha vaca.
Tras escoitar o son, o primeiro en chamar é Tito de Ames, quen comenta que está moi contento de que se lle fixera caso, e que o son que acaba de soar é o de unha vaca cando se está a muxir. Efectivamente Tito!!! Mira que tes oido. Lóxico por outra banda, pois foi el quen, programas taras, indicou que este son podia ser recollido, que para el era algo curioso.
Comenta Jesús Otero as particularidades do son gravado, indicando que non foi con caldeiro de zinc, como solicitara Tito, senón que se empregou un caldeiro de plástico, e da dificultade que supuxo o atopar un lugar para a gravación deste son, pois hoxe en moitos lugares o traballo de muxido manual foi substituído pola maquinaria muxidora automática. Indica tamén, que ese son foi gravado na aldea de Cubelo, no concello de Carnota, e agradece a Josefa de Cubelo a súa colaboración, pois foi ela que muxiu a vaca para a gravación.
Despedímonos unha semana mais escoitando o son da leite caer contra o caldeiro prometendo voltar a semana que ven cargados con novo sons.
Escoitar o programa [10′05″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?