16 de Xullo do 2008
Unha semana mais acode escoitar.org ao tren do seran, esta semana da man de Jesús Otero, que vai cargado co son do chiar dos railes ao paso do tren, para ver se os ointes son que de acertar o son desta semana.
Tras poñer unha primeira toma, chama Guzman quen dí que a el lle parece o son do AVE pasando por Lugo. Je, Je…
K malo. Cortase a comunicación e non podemos seguir falando con el. A retranca galega que tamen aparece no espacio de escoitar.org no tren do seran.
Como a xente non se anima a chamar, poñemos unha segunda toma do son onde se escoita algúnha pista mais como para saber de que se trata.
Antes de que acabe de sonar xa temos duas chamadas. O primeiro en entrar é Antonio quen di que a el lle parece que é o tren. Non especifica mais. Antes de decir nada, Sebi, o conductor do programa, pidenos que escoitemos a Maria, a outra persona que chamou, para ver si ela é mais concreta. Tamen dí que a ela lle parece o mesmo. O son do tren pasando pola via. Preguntado por Sebi Suso sobre si efectivamente é un tren, Suso pidelles a Antonio e a Maria que señan un pourco mais concretos. Que non van mal, que é un son de tren, peor algo especial. Nin cortos nin perezosos os dosu collen o hilo e xa din que é o son que fan as vias antes de que veña o tren.
Dado o exito e a rapidez dos nosos ointes para descubrir os sons, Sebi non pode evitar entregar dous regalos a cada un deles, un disco e unha camiseta, polo bo oido que teñen.
Despedimosnos escoitando o tren pasar polo apeadeiro de cecebre, en Cambre, prometendo voltar a semana que ven para propoñer un novo son para adiviñar polos ointes.
Escoitar o programa [8′36″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?