Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

2 de Xullo do 2008

otrendoseran_g.jpg

Unha semana mais acode escoitar.org a súa cita puntual de todos os mércores co tren do seran, nesta ocasión da man de Carlos Suarez, quen leva debaixo da orella o son do proceso de rastrexado do liño.

Sona o son e despois dun cachiño escoitando, chama Mercedes dende Naron, que rodeada de galos pensa que o son pode unha moa de afiar os coitelos ou utensilios de cociña… Boa suxestión… Pero non é… unha mágoa. Damos unha pista dicindo que o son é dunha parte do proceso de traballado do liño.

Chama Domingo que di que a el lle parece que pode ser muxir a man… Non está mal, parecese o son pero non é ese son, de todos o xeitos é un intento bastante interesante, por que o son é moi similar. Bo oído Domingo.

Carlos dixo ao principio do programa que o son desta semana era sinxelo de atinar, pero polo que se ve, non está sendo tan doado, a pesares do cacho pista que deu de que é o son dun dos traballos que hai que facer co liño…

Chama Luz que di que lle parece que é un tear. Tampouco é Luz. Látima….

Chama Secundino, quen non traballou no liño, pero di que de cando foi allariz di que lle parece o de cardar o liño… Si señor… Mira como atendeu Secundino cando foi a Allariz!!! Moi ben Secundino!!!

Unha vez acertado, despídese Carlos, prometendo volver a semana que ven, con un especial dunha composición sonora feita a partires de sons recollidos por Galicia adiante. Ahi estaremos para ver se a xente é capaz de atinar algún dos sons que se escoitarán nesa peza.

Escoitar o programa [11′21″]

Baixar o audio (en mp3)

O son desta semana foi extraido dun artigo dedicado á paisaxe sonora do ciclo produtivo do liño. Pódese consultar ese artigo, e os seus audios pinchando aquí.

Rastrexando o liño

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif