Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

18 de xuño do 2008

otrendoseran_g.jpg

Outra semana mais, acode escoitar.org a súa cita de cada mércores co tren do serán, nesta ocasión sorprendendo a Suso Otero en pleno traballo de campo na fraga de Cecebre, xunto con Carlos Suarez. Para a ocasión, veñen cargados co son dunha máquina de fiar o liño na roca.

Suso di que non é necesario dar ningunha pista e, tras a presentación inmediatamente sona o son, e realmente resulta sinxelo de identificar porque de alí a pouco xa chaman dous oíntes pensando que son quenes de acertar o que é.

O primeiro en falar é Alvaro, outro dos fixos case do programa os mércores, a quen lle parece que pode ser un muíño moendo, polo mecánico e repetitivo do son. Antes de dicir se é correcto ou non escoitamos a opción da outra chamada, Antonio dende Ortigueira, que pensa que é a súa aboa fiando… Efectivamente!!! Que bo oído teñen os oíntes da galega… non era a súa avoa, pero si é unha máquina de fiar coma na que traballaba a súa avoa… Noraboa e parabéns Antonio polo teu bo oído. Preguntado por que son cree el que sería interesante conservar da zona de ortigueira, o son do rio Mera, seica moi particular, moi representativo do Rio mera… Pois haberá que ir ata o Mera e recoller os seus sons.

Explicamos que ese día Suso e Carlos atópanse de gravacións de campos, que no momento de facer o programa están en Cecebre e que esperan acabar o día (ou a noite), facendo gravacións nocturnas nas fragas do Eume.

Despídese escoitar.org unha semana mais do tren do seran, prometendo, coma sempre, voltar a semana seguinte.

Escoitar o programa [10′27″]

Baixar o audio (en mp3)

O son desta semana foi extraido dun artigo dedicado á paisaxe sonora do ciclo produtivo do liño. Pódese consultar ese artigo, e os seus audios pinchando aquí.

Escoitando o fiado

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif