Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

4 de Xuño do 2008

otrendoseran_g.jpg

Unha semana mais acode escoitar ao tren do serán. Está semana van Juan-Gil e Horacio Gomez, levando debaixo do brazo un son ben dificil de acertar, o son da serea da miña da camocha de Xixon.

Comezan comentando que a semana pasada estiveron en Xixon. Comentan que o sonido que temos que acertas esta semana é daquela cidade. Cacho pista!!! i eso sen escoitar inda o son. Sona a continuación…

Chama Maria de Outeiro de Rei a quen lle parece que pode ser a saida dunha fabrica ou dunha mina. Acertamou a primeira!!! Bravo!!! Eso si que é ter un bo oido. Comenta María que ela acertou porque ao comentar Horacio que o son era de Xixon, ela ten familiares alí, e que lle teñen comentado que as sireas que hai son ou de minas ou de fábricas. Preguntada sobre que sons son típicos da terra cha, comenta que ela bota de menos todos os sons da xente traballando e cantando de antes, que agora a xente anda moi apurada, e que non chega a haber silencios por que as ras xa se encargan de iso. Comenta que nos vraos, pola noite, hai unha chea de ras por aquela zona. Tomamos nota, Maria, e vemonos nunha noite de Vran no campo de santa maría de Outeiro de Rei.

Despois de despedir a Maria, e falando sobre o son, comenta Horacio que unha cousa que nos chamou moito de Xixon foi o feito de que as sireas ala son como as campas en Santiago. En Xixon saben as horas polo sonar das distintas sereas. E cada fabrica / mina ten a sua porpia, con un sonido diferente. Incluos os colexios, en lugar do típico timbre de por estos lares, teñen sereas.

Non hai tempo para maís. Despidense Juan e Horacio prometendo voltar a semana que ven con outro son para que o adiviñen os ointes…

Escoitar o programa [11′00″]

Baixar o audio (en mp3)

Escoitar.org escoitando

Para ver a serea que trouxemos hoxe ao programa, e como a gravamos, podedes mirar aqui.

Para saber maís sobre as actividades de escoitar.org en Xixon, podedes consultar este artigo.

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif