Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

21 de maio do 2008

otrendoseran_g.jpg

Unha semana mais acode escoitar ao tren do serán. Está semana acode da man de Horacio Gomez, que leva debaixo do brazo o son da praza maior de Ribadavia, para poñer a proba as capacidades auditivas dos oíntes.

Comeza o programa cun encargo de parte da xente da peña da chave, encargando a gravación do golpear da chave. son moi peculiar, moi típico de Galicia, onde hai gran afición a el, e que, unha vez escoitado é bastante difícil de esquecer, polo peculiar que é. Tomamos nota, e incluímolo na lista de pendentes.

Sona o son, do que hoxe se propón tentar acertar o que é i ademais o lugar exacto onde foi gravado.

Chama Carlota dende Melide, que pensa que é a saída dunha misa, diante da porta da igrexa, por exemplo na dos anxeles en Melide. Hummm… non esta mal o intento, pero non é. Di Horacio que as badaladas que se escoitan son as das 12 da noite. E que non é a misa do galo… Parece que mais que pista é unha despista…

Chama Maria, quen di que pode ser unha estación de autobuses… Dio porque a ela lle parece que a xente esta bastante alporizada na gravación, ou espabilada, que un velorio precisamente non é que pareza. Efectivamente, un velorio non é pero unha estación tampouco… Magoa!!! Preguntada por que son lle gustaría que quedase gravado, comenta que a ela tráenlle moitos recordos o son dos carros de antes (e é verdade porque acaba a súa participación sen poder falar da emoción case chorando ao recordalos). Por certo, que María non ten ordenador, que quede claro…

Vendo que a cousa non acaba de estar clara, Horacio decídese a dar outra pista: ¿onde pode haber xente ónde haxa campas as 12 da noite?. Volve a sonar o son, e tras escoitalo, e como non se acaba de animar ninguen, comenta Horacio que é un espazo pechado, pero que tamén é aberto…

Chama Luis de Vigo, quen di que a el lle parecen os soportais da praza da Quintana… Bingo!!!! Non é a Quintana, pero si é unha praza con campanario… Comenta que a el parecíalle que podía ser dende santiago, pero para ser a berenguela, sonaballe algo choca ( e con razon)… Preguntado polo son que lle gustaría escoitar gravado, Luis di que a el lle chaman especialmente a atención as subastas da lonxa en Vigo, o son das gaivotas, os barcos chegando, as caixas arrastando… Todos os sons relacionados co traballo da pesca en Vigo. Un gran aporte Luis…

Despedímonos ata a semana que ven, cunha chea de deberes, prometendo achegar un novo son para comprobar o ben que escoita galicia.

Escoitar o programa [14′37″]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif