14 de maio do 2008
Unha semana mais achegase escoitar ao tren do serán. Está semana acoden en persoa a Juan-Gil e a Horacio Gomez, cargados co son da sala de reprografía da escola de arquitectura técnica da universidade da coruña, a ver se os oíntes dan con elo.
Sona o son, que esta semana resulta ser urbano e misterioso, en palabras de Juan, e moi embarullado tamén, en palabras de Cristina, a condutora do programa.
O primeiro en chamar é Umberto dende Tui, quen di que a el lle parece unha fábrica de Telares. UUUUUUUUUUUhi, seica, segundo Juan e Horacio… casi pero non. É un espacio e hai máquinas, pero non é unha fábrica de telares.
Chama, como non, Tito do volante, un habitual dos mércores, quen quere facer unha aclaración, i é que pola radio non se escoita tan ben como despois na páxina web. Iso é certo, efectivamente, hai que dar a razon a quen a ten cando a ten… A pesar da pouca fidelidade da radio, dí que a el o son desta semana lle parece unha imprenta, polo sincronismo que leva o son da maquinaria. Horacio e Juan dín que non é, pero que anda moi, moi, moi preto do asunto.
Sona outra toma do son , para ve se así a xente se anima a acertar
Chama agora Ana dende santiago, quen di que lle parece unha lavandería, polo flun.flun.flun… Rapidamente Juan e Horacio dinlle que non , que estaba maís cerca tito co da imprenta, que ela co da lavandería. De repente encendesele a luz e comenta que tamén podería ser unha fotocopiadora…. bingo!!!, acertou…
Explica Juan onde foi gravado o son, e que foi co galo dun taller que ofreceu escoitar na Escola e que, preguntados @s alumnos por cales eran os sons típicos de escola que querían gravar, este foi un dos seleccionados.
Para non deixalo coas palabras na boca, inda que o son xa está acertado, Cristina da paso a Ramón que chama dende Noia. Preguntado sobre que son pensa que merece a pena gravar na zona de Noia, comenta que a el chámalle moito a atención o son da canteira de Noia, e tamén a saída do tubo que leva o tambre encauzado. Dúas moi boas suxestións Ramon. Tomamos nota para gravalas en canto teñamos oportunidade.
Finalmente, e antes de despedirnos, di Cristina que temos outra suxestión, de Antonio Reigosa, dende Galicia encantada, que nos suxire a gravación do fluir da auga no Pedregal de eirimia, onde nace o miño. Seica é espectacular, porque se escoita a auga fluir por debaixo das pedras, pero non se ve… tomamos nota Antonio da tua suxestión…
Escoitar o programa [11′35″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?