30 de Abril do 2008
Una semana mais, acode escoitar.org ao programa O tren do Serán, neste caso vía telefónica da man de Carlos Suárez, que leva baixo o brazo o son da ponte dos tirantes na ría de Pontevedra, inda que podería ser calquera ponte colgante cando son abatidas polo vento.
Esta semana parece que a cousa non é tan doada, e tras sonar o son non hai ningún oínte que se decida a chamar, polo que Carlos ten que dar unha pista: o son escoitase nunha ría.
Chama Ana dende Santiago, quen opina que se pode tratar dunha tromba de auga cendo sobre o mar ou sobre unha ría. Boa suxestión, e anda cerca polo da ría, pero non é. O noso son non ten nada de auga… Unha mágoa.
Volvemos a escoitar o son, i esta vez chama Álvaro dende Arcade, quen di que o son a el lle parece o que fan as palas dun catamarán, cando chocan contra da auga. Boa suxestión, pero non é. Volve a aparecer a auga na proposta dos oíntes, sen embargo, non hai auga no son que escoitamos… Esta semana está custando mais do habitual.
Volvemos a escoitar o son, i é agora Clotilde quen chama para dicir que a ela parécelle o son dunha cascada moi forte, por exemplo algunha das moitas que hai no Sil. Unha pena, pero non. Volve a aparecer a compoñente de auga nas propostas dos oíntes, pero non é correcto. Non hai auga…
Dados os apuros que parecen ter os oíntes en adiviñar o son desta semana, Carlos dá outra pista: é o son de algo que cruza a ría… Bastante boa pista.
Tras das a pista, chama María dende Vilalba, que, a pesar de ser de interior, pensa que pode tratarse das aspas dunha lancha. Tampouco. Hoxe parece resistírselle o son aos oíntes do programa…
Volvemos a escoitar a gravación, e chama Ricardo dende Bergondo, quen dí que a el, de principio, parecíalle unha limpadora do trigo, pero que polas pistas que se deron da ría, a cousa non pode ser, entón el di que quizais puidera ser o catamarán que cruza a ría de Vigo. Efectivamente, concorda coa pista que dera Carlos, xa que vai dun lado a outro dunha ría, pero non o é… inda que xa estamos cerca.
Finalmente, e xa como case estamos sen tempo de programa, ten que ser Carlos Suárez que desvele que o son que se escoita é o da ponte dos tirantes da ría de Pontevedra, e que o que se escoita son os ferros da ponte ao bater uns contra outros cando son meneados polo vento que entra pola ría.
Ricardo comenta que estaba entre a opción do catamarán ou a da ponte colgante, unha bágoa que escollera a equivocada
… Preguntado por que sonidos gravaría para que non se perderan, comenta que el recollería os sons asociados aos trens de cercanías que coa chegada do tren de alta velocidade, a el parécelle que están cada día mais cerca de desaparecer.
Finalmente, despídese escoitar.org do programa, prometendo volver a subirse dentro de sete días levando un novo son para adiviñar.
Escoitar o programa [13′31″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?