23 de Abril do 2008

Outra nova semana, escoitar.org subese ao o tren do seran da radio galega. Neste caso acode persoalmente Juan Gil cargado cos sons de a escaleira de baixada ao comedor do colexio de Calo.
Pero antes de escoitar o son da semana, e dar paso as chamadas para que tenten adiviñalo, o primeiro que se propon é un novo reto para os ointes do programa: 3 sons para que escriban unha pequena historia con eles. Teñen dúas semanas para matinar sobre eses sons, e intentar enlazar unha historia con eles, e remitila por correo a dirección de correo electrónico do programa: otrendoseran@crtvg.es
Unha vez escoitados os 3 sons para as historias dos ointes, e comentado a dinámica de funcionamento con eles, sona o audio desta semana.
Rapidamente chama un dos habituales do programa os mércores, Tito, quen pensa que o son pode ser ou ben un colexio onde están facendo obras cerca, pois lle parece escoitar uns traballadores picando na pedra, ou, se cadra, unha estación de tren, polo barullo de xente que hai, e pola sirena de aviso que se escoita ao final. A segunda proposta non esta mal, e certamente escoitase unha sirena na gravación, pero non é a de unha estación de tren, mais a de chamada para a hora do xantar no comedor do colexio. De tódolos xeitos, acertou Tito a primeira: é un colexio. Bravo polo Titolado dos mércores!!!
Comenta Juan que esta gravación foi feita no marco dunha colaboración cun proxecto que se desenvolve dende varios centros educativos públicos, e que está tentando sensibilizar, ao tempo que estudar, a contaminación acústica nos centros educativos.
Amais comenta Juan, a instancias de Cristina, a presentadora do programa, que este fin de semana escoitar.org vai estar en Madrid para impartir uns talleres na casa encendida daquela cidade, e “exportar” a tecnoloxía e o saber facer de escoitar.org, tentando sentar as bases para crear un mapa sonoro da cidade de Madrid. A ver que se consegue
Baixamonos, outra semana mais, do tren do seran, escoitando os sons propostos aos ointes para que construian as suas historias e as manden ao programa, empregando a dirección de correo electronico otrendoseran@crtvg.es. Voltaremos, a semana que ven, con outro son misterioso que atinar.
Escoitar o programa [11′25″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?