Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

9 de abril do 2008

otrendoseran_g.jpg

Unha semana mais escoitar.org acude ao programa da radio galega o tren do seran. Acode Juan Gil cargado cos sons do tren TRD, dado que , a semana pasada ningún dos ointes foi quen de atinar de que se trataba o son que se estaba a escoitar.

Chama Jose Antonio dende Melide(que vai en tránsito cara as terras de Celanova), e que di que a semana pasada xa estaba escoitando o programa pero que non lle deu tempo a entrar. El dí que lle parece o son do zumbido do tren, escoitado dende dentro. Cando menos, Jose Antonio recordao así de cando estaba en Toledo facendo a mili e iba e viña de permiso a casa en tren. Acertou!!! e ademais a primeira. Iso si que é ter oido… Preguntado por se hai algún son que lle gustaría que se gravara, el comenta que gravaría o son das pedras do muiño ao moer o trigo para facer a fariña. Un son que xa nos indicaron varios dos ointes, e que parece estar moi gravado na memoria sonora de Galicia.

Tras a chamada de Jose Antonio, Cristina Lombao, directora do programa, propon a escoitar unha nova forma de colaboración: a presentación de 3 sons semanais para que os ointes conten unha pequena historia (de 3 ou 4 frases) a partir do que lles suxiren eses sons. Tomamos nota, Cristina, i esperamos comezar para a próxima semana.

Baixamonos, outra semana mais, do tren do seran, prometendo volver a subirnos na mesma estación dentro de sete días.

Escoitar o programa [14′54″]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif