26 de Marzo do 2008

Unha semana mais escoitar.org acude ao programa da radio galega o tren do serán. Neste caso acude Juan Gil, levando o son dos muíños do parque eólico da paxareira en Carnota.
A primeira en chamar é Ana, quen di que lle recorda a praia de Valdoviño, polo sonar do vento continuo, que podía ser unha praia… boa proposta, pero non era.
Parece que a xente non se anima e damos un par de pistas: é un son recollido nun espazo natural que foi intervido polo home, e onde o se escoita moito vento.
Tras escoitar outra vez o son, Chama Rosalia dende Bertola en Vilaboa, da asociación de vai polo rio, quen dí que lle parece un parque eólico, Acertou!!!.
Chama tamén Mercedes de Santiago, que comenta que a sua filla, tamén Rosalia de nome, dixo que podía ser un parque eólico… caramba coas Rosalias. Preguntada Mercedes por algún son que lle chame especialmente a atención, comenta que o son dos merlos pola maña cando se levante lle parece moi bonito.
Volvendo con Rosalia de Bertola, de Vai polo Rio, comenta que escoitar.org vai participar con eles na gravación do rio Bertola, para recoller os sons do entorno do rio.
Despedese escoitar.org do tren do seran como cada semana, escoitando o son que acercamos esta semana, o zoar dos muíños do parque eólico da paxareira, en Carnota.
Escoitar o programa [11′06″]
Baixar o audio (en mp3)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?