Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

19 de marzo de 2008

otrendoseran_g.jpg

Outra semana maís escoitar.org acode ao programa da radio galega o tren do seran a presentar algún son para que os ointes o adiviñen. Neste caso acudiu Juan Gil co son do búcio que fora proposto pola presentadora do programa no programa do 12 de decembro.

O primeiro en chamar é Alvaro dende Arcade que lle parece que pode ser o couteiro que se usaba na sua zona para organizar as horas para regar. Dí que agora xa non se fai e que cando el era rapaz os maiores intentaron que o fixeran eles, pero dí Alvaro que non podían por que inda erán moi novos e non tiñan forza suficiente para soplar o couteiro. De todolos xeitos afirma que inda queda con vida algún dos maiores que tocaban o couteiro cando el era rapaz, e ofrecese para presentarnolo e ver si somos capaces de relizar unha gravación dese couteiro. Gracias Alvaro polo teu ofrecemento!!!

Despois chamou José dende Ponteareas quen dí que pode ser unha bocina dunha caracola marina. Acertou!!! Dí que na zona de onde é el usabase para xuntar a xente para ir aos pozos, ou nas cornetadas que se facián na sua zona para molestar os adulteros.

Finalmente explica Juan a historia do búcio, que foi recollido en cerdedo, na parroquia de Figueroa, onde inda se usa hoxe para xuntar os veciños. En concreto o búcio que sonou tén maís de 100 anos de antiguedade. Para nos tocouna Moncho, o pedaneo da vila, e xa sobreviviu a duas xeneracións de pedaneos da parroquia. Ademaís, comenta Juan que en cada parroquia da zona, se daban distintos toque co bucio para que os veciños non se confundiran e pensaran que estaban chamando a unha parroquia cando en realidade a parroquia da chamada era outra. É dicir, cada parroquia tiña o seu toque de bucio distinto que permitia diferencialas unhas de outras.

Despedimonos do tren do seran unha semana maís escoitando o búcio de Figueiroa.

Escoitar o programa [9′47″]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif