Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

5 de Marzo do 2008

otrendoseran_g.jpg

Outra nova semana, escoitar.org acode a sua cita no tren do seran, o mércores 5 de Marzo. Nesta ocasión via telefónica, con Carlos Suarez, membro do colectivo escoitar.org que esta semana leva consigo o son das palilleiras traballando na comarca de Vimianzo.

Quen primeiro o tentan son os propios presentadores do programa pensando que pode ser o son dun “estropicio” ou o dunha partida de futbolín. Boas propostas ambas, pero non é ningunha delas.

Tras un tempo de indecisión, o primeiro que chama é Pepe da coruña quen di que en principio a el parecialle unha partida de futbolín, pero ao decirlle que non é, pensa que pode tratarse dun partido de Hockei. Non está mal Pepe, pero non é… Unha mágoa. Preguntado polo sonido que a el lle gustaría conservar, contesta que o son das míticas lombretta tranlle moi bos recordos de cando el tiña unha… (seguro que fixo moi bos kilometros con ela).

Chama logo Susana dende Cee, quen di que a ela lle parece o son de alguén palilando… Efectivamente, acertou… Da costa da morte tiña que ser!!! Preguntada Susana sobre o son que a ela lle gustaría que se rexistrase, comenta que ela traballa como maestra, e un dos sons mais impactantes que pode recordar é un silencio: o silencio que se escoita cando os rapaces están a leer en clase durante os 20 minutos que adican a esta tarefa. Realmente un apunte bonito.

Comenta finalmente Carlos, que o son foi gravado en Vimianzo, na feira de artesanía que se organiza no Castelo da Vila, e que as persoas que aparecen palillando na gravación son dúas membros da asociación “As Nemanquiñas” de palilleiras de Vimianzo.

Sen nada mais que dicir, despidese escoitar.org outra semana mais do tren do serán, mentres se escoita o rítmico son dos palillos de madeira de buxo mentres as palilleiras fan os seu traballos.

Escoitar o programa [10′30″]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif