Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

6 febreiro 2008

otrendoseran_g.jpg

Nova intervención de Escoitar.org no programa “O Tren do Serán”. Foi o mércores día 6 de febreiro. Alí estivo Juan Gil e Horacio, dous dos membros do colectivo Escoitar.org. Continuamos co “xogo” no que os ointes da Radio Galega teñen que adiviñar a que corresponde o son que se presenta. Neste caso foi o son das marisqueiras de Cesantes, en Redondela.

Chama Diego de Esteiro (está viaxando por Barqueiro). Opina que é un muiño, pero non é. Diego opina que sería moi bo conservar o son dos carros de vacas, que xa non se escoitan dende hai moitos anos (este é un dos sons que máis reclaman os ointes). Poñemos de novo o son, nesta ocasión deixámolo soar ben, uns 30 segundos. Enseguida chama José Antonio da Estrada e comenta que son mariscadoras: ACERTOU!. A José Antonio non se lle ocurre algún son que poida ser rexistrado.

Despois Juan e Horacio contan a historia do son, das mariscadoras de Cesantes en Redondela. Tamén anuncianse as primeiras viaxes dos membros de Escoitar.org para rescatar eses sons que tanto interesan ós ointes.

Escoitar o programa [13′20″]


.
.

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif