Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

30 xaneiro 2008

otrendoseran_g.jpg

Nova intervención de Escoitar.org no programa “O Tren do Serán”. Foi o mércores día 30 de xaneiro. Alí estivo Suso Otero, un dos novos membros do colectivo Escoitar.org. Continuamos co “xogo” no que os ointes da Radio Galega teñen que adiviñar a que corresponde o son que se presenta. Neste caso foi Roxar o forno, un documento sonoro recollido en Langullo, no Concello de Manzaneda.

Poucos segundos despois de escoitar o son chama Ana de Noia e pensa que é un muiño de millo, pero non. Despois chama Francisco (dende Betanzos, ía viaxando), él pensa que é un Tear, pero tampouco o é. Xa na terceira chamada Pepe acerta de cheo, o “Roxar do Forno” (é moi impresionante a cultura aural do país, xa non temos a menor dúbida).

Escoitar o programa [09′50″]


.
.
Pódese consultar e escoitar o documento completo deste “Roxar o forno” no seguinte link.

“Roxar o Forno” é un documento sonoro sobre os fornos comunitarios que aínda hai nalgúns pobos de Galiza. O arquivo rexistrouse durante a festa popular de Langullo, o día grande no que todos os veciños usan esta propiedade.

En primeiro lugar debemos situar este espazo físico dentro da propia comunidade, no caso de Langullo é unha casa independente no centro do mesmo. Aquí, como se conta na gravación, unha persoa, normalmente o “pedamio” do pobo (o interlocutor entre os veciños e o alcalde da comarca), é a encargada de preparar o forno para que tome a temperatura correcta que nos permita cocer dunha soa vez todos os pratos. Daquela, cando o horno tiña unha maior demanda por parte dos veciños, sobre todo para a cocción do pan, o forno comunitario seguía unha administración individual e cada persoa podía usalo para o seu uso. Na actualidade, cada familia ten na súa propiedade un máis pequeno que se axusta ás súas necesidades diarias, o forno “central” úsase só aqueles días sinalados nos que lles vale a pena aproveitar a súa gran capacidade (a superficie é duns 4 metros cadrados) e así aforrar tempo para outros quefaceres.

forno_langullo-3.jpg

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif