23 xaneiro 2008

Outra intervención de Escoitar.org no programa “O Tren do Serán”. Foi o mércores día 23 de xaneiro. Alí estiveron Horacio González e Carlos Suárez (Carlos estreábase). Continuamos co “xogo” no que os ointes da Radio Galega teñen que adiviñar a que corresponde o son que se presenta. Neste caso foi o son dos Cesteiros de Vigo (concretamente do último cesteiro nesta rúa coñecida da zona vella de Vigo).
Chama Carlos da cima do Milladoiro, pensando que era unha treboada, pero non. Carlos opina que lle gustaría conservar o son da Curuxa e do Moucho, que están en perigo de extinción. Pouco máis tarde chama Álvaro que pensaba que o son era o de Farruquito taconeando, pero tampouco. Vólvese a escoitar o son e os dous minutos chama Ignacio dende Vilagarcia (el é de Padrón), e comenta que é o son de bimbio texendo un cesto. Acertou de cheo. Ignacio comenta que o son máis típico de Padrón é o vento, que todos os seus habitantes comparten esta opinión.
Tamén chama Toño de Verín, que anque non sabía de que era o son quería participar. Toño opina que un dos sons que será necesario conservar da súa zona é o son dos Piliqueiros, Cigarróns e as Chocas do entroido.
Escoitar o programa [11′17″]
.
.

(momento da gravación do son de hoxe)
Comentarios (Non hai comentarios)
E ti que pensas?