Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

1 de Xullo do 2009

otrendoseran_g.jpg

Unha semana mais acode escoitar.org ao tren do serán, desta volta con Horacio como maestro de ceremonias. Acodimos hoxe cunha certa sensación de tristura, pois este é o programa de remate de tempada do tren, e polo tanto da nosa colaboración co magazine de tarde da Radio Galega.

Comentan Cristina e Horacio que o que pretendimos foi, entre todos, escoitar país. Recordar aqueles sons que antes había e que hoxe están xa case desaparecidos ou soamente escoitamos nos museos. Sons coma o chirrar dos carros, ou os do traballo do liño, de labores que, a xente que as realizaba, e gracias ó poder que o son ten nas persoas para evocar recordos, traenlle a xente a memoria cousas doutros tempos.

Comenta Horacio que, inda que o programa remata, foi imposible recoller todos os sons que @s ointes propuxeron, e que seguiremos a traballar na sua recolleita, agradecendo a todos o traballo de ter apretado a cabeza para pensar neses sons que, dun xeito ou outro, erán distintos ou representativos de algo para @s ointes. Cada lugar ten un son particular distinto, e cada persona ten un son especial que lle chama a atención, preguntado Horacio por Crisitina cal é o son que a el mais lle chama a atención, comenta que para él un dos que ten recordo especial é o do estalar do pan de Cea depois de sacalo do forno, cando enfría e a corteza arruga.

Tamen hai que destacar a agudeza d@s ointes, que moitas veces eran quen de atinar os sons que propoñíamos cando eran realmente dificiles. Un recordo especial para Tito, que, nunca dudou en chamar cando pensaba que podía aportar algo.

E sobre todo, recordar que dende escoitar.org disfrutamos moitísimo coa nosa participación no programa. E iso é moi importante. Refrexando esto, trouxemos hoxe unha pequena remezcla con algúns dos sons que sonaron no programa, e coas reaccións dos ointes e dos propios Juan-gil, Cristina, Horacio, Sevi ou Suso.

Hoxe, a nosa despedida do programa sona a definitiva, o tren do serán non vai volver a circular durante este curso, e se o fai, nos non poderémos subir nel porque non poderemos conseguir o billete. Apertiñas para tod@s, e gracias por ter participado con nos nesta aventura tan simpática. Quedanos deberes cunha chea de sons recomendados por vos que temos que tentar recoller…

Ata sempre…

Escoitar o programa [13′00”]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Un comentario)

A verdade é que da pena que remate este anaquiño de maxia. Noraboa a todos os implicados (inclúome tamén, como non).

Viva o son!

Unha aperta

Chiu

Chiu / Agosto 8th, 2009, 3:43 am

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif