Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

17 de Xuño do 2009

otrendoseran_g.jpg

Outra semana maís, escoitar.org súbese no tren das tardes da radio galega. Desta volta é Horacio quen leva consigo unha composición sonora de Juan-Gil, feita a partir do tema do control social a traves do son, e de distintos tipos de armas sonoras que existen ou existiron nalgún momento da historia.

Para introducir un pouco @s ointes da radio galega no tema, Horacio pon exemplos de que un timbre para señalar o remate ou o comezo de cada clase na escola, ou o son do depertador de pola maña, son exemplos de sons que dalgún xeito marcan as nosas vidas exercendo algún tipo de control sobre elas. Estes dous sons son solo un exemplo, pero existen moitos outros, algúns dos cuales foron empregados na composición da peza que traemos hoxe.

Explica Horacio que xunto cos dispositivos de control sonoro, existen tamen as chamadas armas sónicas, que son dispositivos que empregan o son como elemento agresor sobre unha persoa para conseguir que se “rinda”. Un dos maís coñecido é o Mosquito, moi de actualidade ultimamente, pola controversia que acarrea o seu emprego. Comenta Horacio que consiste nun pequeno altavoz que emite un son moi agudo e molesto e que, debido as perdas auditivas que se sofren coa idade, soamente a xente nova é capaz de escoitar. Ao ser tan desagradable, a xente que é capaz de escoitar este son suele abandonar o lugar onde está sonando, porque chega a provocar dores de cabeza. Actualmente estase empregando para evitar que a xente moza realice actividades como o botellón en determinados lugares públicos onde se considera que molestan.

Outro uso do son como sistema de control que comenta Horacio é o da Música ambiente nos grandes centros comerciales, onde cando se quere que a xente axilice a suas compras porque hai moita clientela, prográmase música moi acelerada, que “aumenta” o ritmo da clientela. Pola contra, cando hai pouca xente, e o que interesa é reter ao cliente o maior tempo posible no establecemento, o que se fai é xusto o contrario: programase música con unha cadencia maís lente para incitar a calma e facer o proceso de compra o maís pausado posible.

Comenta Horacio que a peza que traemos hoxe podese escoitar nunha exposición Pontevedra, e que algún dos sons empregados nela pasaron polo programa, como a serea da mina da Camoña, en Xixón. Comenta tamén, que a peza que estamos a escoitar foi seleccionada entre todas as presentadas para representar a España no aniversario da unión internacional ARTE sonora.

Agotado o noso tempo, despedímonos, como cada mercores, prometendo voltar para a semana que ben, cargadiños con un novo son metido debaixo das nosas orelliñas.

Escoitar o programa [12′45”]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif