Cargando....
Últimos programas:

Foi na Radio Galega o día...

10 de Xuño do 2009

otrendoseran_g.jpg

Outro mércores mais ahí está escoitar.org, listo para subirse, como cada semana, ao tren do serán da radio galega. Desta volta Horacio e Juan-Gil van cargados co mesmo misterioso son que levaron a semana pasada e que ningún d@s ointes foi quen de adiviñar.

Empezamos o programa escoitando de novo o son ao tempo que lembramos que foi gravado en Vitoria no marco duns traballos que escoitar.org estivo desenvolvendo no Artium de aquela cidade.

Logo de escoitar o son, e tras un pequeno tempo de dúbida, decídese a chamar Xose Manuel, quen dí que é Vasco, pero que leva xa moitos anos vivindo en Muiños. A el dí que o son desta semana lle sona como a unha partida de Birlos vascos. Efectívamente!!!. Esta semana si que si. A primeira. Notase que Xose Manuel ten bó oido, e que ademaís é vasco :) Conta Xose Manuel que é un xogo de Birlos como o que coñecemos, pero no que todo é de madeira: a bola, os mazos, incluso unha parte da pista pola que desliza o bolo tamén é de madeira.

Mentres estabamos falando con Xose Manuel, tamén chama Xesus dende Oleiros (inda que non renega de Palas de Rei, a sua terra natal), quen dí que el tamen chamaba para decir que el lle parecía eso mesmo, unha partida de birlos vascos ou leoneses. El coñecía o son porque, según nos conta, viviu moitos anos en Portugalete, e tixa xusto enfrente da sua casa unha bolera deste tipo. O escoitar o son trouxolles moitos recordos daquela epoca.

Preguntados por que son lles gustaría que se gravasen, Xosé Manuel comenta que a el, cando era pequeno, lle resultaban moi espectaculares a chega de bois, que hoxe xa non se fai en Galicia, pero que inda se pode escoitar nalgún que outro lugar de Portugal. Tomamos nota, Xosé Manuel, e quizais algún día nos acerquemos ata portugal a ver se recollemos o son. Xesús dinos que a el lle gustaría moi volver a escoitar o son das antiguas máquinas estáticas de mallar. Son que escoitar.org xa recolleu para que non se perdese no olvido.

Bo! un programa fructífero. Tanto Xose Luís como Xesús levan un libro de escoitar.org por teren atinado co son, e polas suas duas propostas de sons, abofe que interesantes. E nos despedímonos ata a semana que ben, onde xa abandonaremos Victoria e voltaremos outra vez con algún son de Galicia.

Despedimos escoitando os birlos de vitoria.

Escoitar o programa [10′21”]

Baixar o audio (en mp3)

Comentarios (Non hai comentarios)

E ti que pensas?

AXÚDANOS

Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.

ACF loading animated gif