Unha semana maís, subese escoitar.org ao tren do serán da radio Galega, da mán de Horacio e Juan-Gil, como xa ven sendo habitual ultimamente. Esta semana repetimos o son da semana pasada, que @s ointes non foron quen de atinar.
Antes de que nos deña tempo a escoitar o son, dinos Cristina, a conductora do […]
Ábrese aquí un espazo de reflexión sobre sons en perigo de extinción do país en colaboración co programa O Tren do Serán da Radio Galega, conducido por Cristina Lombao. A sección de Escoitar.org neste programa pódese escoitar os mércores ás 18.30h.
Unha semana maís acode escotar.org ao tren do serán, como todos os mercores dende hai case dous anos. Desta volta son Horacio e Juan-Gil os encargados de presentarse, cun son realmente misterioso. Seica van con ganas de bronca, pois decidiron poñerllo dificil á audencia do programa, que sempre acaba dando cos sons que se lles propoñemos. E como o son é algo compricado, comenzamos o programa de hoxe cunha pista: é algo gravado nun exterior.
Tras dar esta información sona a primeira toma do son de hoxe, e tras estar un bo anaco soando, indican Juan e Horacio que o que se trata e de indicar o tipo de espacio no que se produce o son…
Chama, de primeiro e valiente como el solo, José, que opina que pode tratarse funha bolera… Non é un mal intento, pero non é José. Hai uns sons percutidos que son moi fortes; certo que nunha bolera cando a bola bate sobre a pista sona ben fuerte, pero non tanto como o son desta semana. Non foi unha mala proposta de todos os xeitos. Di Juan que o espacio en cuestión é algo maís grande e invita @s ointes que se percaten do eco tan particula que presenta…
Chama Carlos, quen opina que pode tratarse dalgún tipo de almacen que teña unha ponte-grua. Parecello polo ruido constante que hai ao longo de toda a gravación. Tamén comenta que pode tratarse dun peirao dalgún porto quizais… Non son malas suxerencias, Carlos… pero non é ningunha delas. Certamente nun almacen hai abondos ruidos fortes e percutidos, pero o espacio misterioso de hoxe é bstante maís grande co dun almacen que poida ter unha ponte grua.
Como parece que está a cousa compricada, sona unha segunda toma do son a acertar, onde comenta juan que se aprecia unha voz, que pode dar unha pista clara do lugar onde nos atopamos.
Tras escoitar este segundo son, chama Esteban dende A Coruña, quen dí que, xa que seica se trata dun lugar grande, poida ser unha sala de exposicións grande, onde estan os operarios metendo ou sacando o material para unha nova exposición. Non é unha mala proposta Esteban, e bastante imaxinativa, pero non é a do son co que estamos tratando hoxe.
Como a cousa parece que está bastante cruda, pasamos unha terceira toma do son desta semana, onde según Juan as voces que se escoitan deberían aclarar, sen ningun tipo de dudas, o espacio do que se trata…
Inmediatamente despois de escoitar esta terceira toma, chama Gonzalo, quen di que tirandose a piscina directamente, a el lle parece un sitio como unha carcere, cando están abrindo e pechando as suas grandes portas. Non é un mal aporte Gonzalo, pero non é ese o son desta semana. Unha mágoa.
Visto que no se anima ninguen mais a chamar, e que o tempo do noso espacio dentro do tren está a rematar, decimidos deixar @s ointes do tren do seran con deberes para a semana que ben, a ver se para enton son capaces de dar co misterioso espacio no que se produce o son que hoxe pareceu resistirselles.
Despedímonos unha semana maís, prometendo voltar a semana que ven, desta volta cargados co mesmo son que hoxe, xa que esta semana non houbo ninguen que fora capaz de atinalo.
Un dos obxectivos de Escoitar.org e a Construción dun Mapa Sonoro de Galicia consensuado polos propios oíntes. Necesitamos a túa colaboración para coñecer cales son os sons que forman parte da historia de Galicia. Gustaríache facer unha proposta?, pica aquí.