culturagalega.org dende Santiago

Por culturagalega.org. luns, 18-12-2006
Outros artigos da mesma sección Paisaxes publicadas Buscar outros artigos
Espera un momento¡Buscando outras paisaxes sonoras do mesmo autor!
Espera un momento ¡Buscando artigos!
Embeber este son na túa web
Baixa a paisaxe: http://www.escoitar.org/IMG/mp3/comment-2006-12-19-14931.mp3

Descripción da gravación

Do obradoiro a Cervantes A praza está case deserta. No arco de Fonseca, un gaiteiro ameaza con comezar a tocar, pero semella que non está inspirado abondo. A xente pasa por diante da fachada da catedral nun fluxo constante. Cruzámolo e encontramos que o gaiteiro departe cun amigo no lugar de tocar. En chegando á Acibecharía cruzamos cun taxi, e ameaza de novo o gaiteiro coas súas tentativas. Algo máis arriba, dous bares compiten coa súa música. En chegando á praza de Cervantes un grupo de xente fala en alto desde os soportais, e chega a nós o son da fonte, que en segundo nos achegamos a ela, vaino enchendo todo.

Información Ténica

Olympus DVR DS-2300 Micrófono integrado