Un laboratorio normalizado: audio-esterilización

Por Escoitar.org. venres, 30-03-2007
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Escoitar.org. Un laboratorio normalizado: audio-esterilización [online]. Vigo, España, Escoitar.org, marzo do 2007 [versión de marzo do 2007] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Un-laboratorio-normalizado-audio,186
Espera un momento ¡Buscando artigos!

O interior é un laboratorio de audio aberto e público no que os integrantes do proxecto traballarán durante as nove semanas da exposición. Unha sala equipada con medios audiovisuais e cos instrumentos necesarios para realizar investigacións, experimentos e traballos de carácter científico ou técnico, todos relacionados coa escoita e o fenómeno sonoro en xeral.

Como tal laboratorio, está dotado de instrumentos de medida, proceso, xestión e outros elementos precisos para o traballo co audio, e dispón das condicións ambientais axeitadas e controladas para asegurar que non se altere o resultado dos experimentos ou medicións, e garantir que os experimentos se poidan repetir noutro laboratorio para obter o mesmo resultado: a normalización.

Nas seguintes fotografías pódese ver como se protexe a mesa de traballo ao rematar a xornada: a esterilización.