Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip

Por Berio Molina, Horacio González. luns, 12-03-2007
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Berio Molina, Horacio González. Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip [online]. Vigo, España, Escoitar.org, marzo do 2007 [versión de setembro do 2008] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Plugin-Gis-para-Spip-Google-maps-e
Espera un momento ¡Buscando artigos!

Esta é a documentación para o plugin Gis que o equipo de escoitar.org creou para o CMS SPIP.

O plugin Gis está desenvolto para a versión SPIP 1.9.2

Podes descargar o plugin dende o trac zone de Spip, nesta dirección:

http://files.spip.org/spip-zone/

Neste directorio atoparás varios arquivos .zip, que son varios plugins que podes usar en spip. Entre eles podes ver un que se chama gis.zip. Dalle clic e comeza a descarga. Unha vez que o teñas no teu disco duro, descomprimeo e sube a carpeta gis á carpeta plugins do teu sitio spip.

Unha vez subida a carpeta gis, vai á parte privada da web e activa o plugin.

Logo debes configurar o plugin, polo que tes que ir a Configuración e facer clic en Configurar Plugin Gis

Agora temos que conseguir a chave de Google maps para que poidamos empregar a súa API na nosa páxina web, polo que faremos clic na ligazón “conseguir”, ou nesta ligazón.

Unha vez na páxina de Google, aceptamos os termos do contrato, marcando a casilla correspondente, e poñemos a url da nosa páxina, donde imos empregar a API de google maps, por exemplo: www.escoitar.org. Logo dámoslle a xerar google maps API key.

Logo seleccionamos a chave que nos aparece e a copiamos:

A continuación, imos á ventá da configuración do noso plugin, pegamos a chave, dámoslle a ok, e xa temos o noso plugin configurado. Polo que podemos comezar a publicar artigos:

Para publicar un artigo con google maps dende a parte privada, imos a escribir un novo artigo, poñemos o titulo, unha cabeceira, un texto e dámoslle a validar.
Logo na venta do artigo, facemos clic nun botón que se chama despregar:

Facemos clic no mapa para marcar o punto a ubicar no mapa, aparece un icono e unhas coordenadas máis abaixo. Dámoslle ó botón actualizar, que hai ó lado das coordenadas:

Vemos como efectivamente, o icono aparece agora cada vez que imos ó artigo. Si quixeramos cambiar a ubicación no mapa, volveriamos a darlle a despregar.

Agora, só nos falta facer que o mapa apareza na parte pública, para o cal poremos a seguinte liña de código, no noso esqueleto, donde queiramos que apareza o mapa:

<INCLURE{fond=inc-gis_map}{id_rubrique}{id_mot}{id_auteur}{recherche}{id_article}{zoom}{latit}{lonxit}>

Si non se inclúe dentro dun contexto, mostrará todos os artigos da páxina, pero si se inclúe dentro dun contexto, por exemplo dentro dun bucle rubrique, ou poñendo un número nos criterios de selección do inclure anterior, como por exemplo {id_rubrique=1}, só mostrará no mapa os artigos dese contexto; neste caso, os artigos incluídos na rubrique 1.

O globo que aparece no mapa, ó facer clic sobre un icono de ubicación, mostrara a cabeceira do artigo (#CHAPO) e a primeira imaxe que subamos como documento do artigo, asimesmo tamén aparecerá un reproductor mp3, si adxuntamos un mp3 como documento ó artigo.

Truco: Si queremos amosar un mapa para cada un dos artigos, incluiremos a liña

<INCLURE{fond=inc-gis_map}{id_rubrique}{id_mot}{id_auteur}{recherche}{id_article}{zoom}{latit}{lonxit}>

dentro do esqueleto article.html, e na ligazón que nos dirixe a este artigo poremos o seguinte:

+ faremos un bucle gis dentro dun bucle articles, donde gardar as variables de lonxitude e latitude do artigo:

<BOUCLE_centrado(GIS){id_article}>
#SET{latitude,#LAT}
#SET{lonxitude,#LONX}
</BOUCLE_centrado>

+ E na ligazón que dirixe a ese artigo poremos o seguinte:

<a href="[(#URL_ARTICLE)&zoom=16[&latit=(#GET{latitude})][&lonxit=(#GET{lonxitude})]]">#TITRE</a>

BALIZAS E BUCLES DO PLUGIN:
Creouse un bucle gis para recoller as coordenadas da ubicación do artigo no mapa:
Asimesmo crearonse as balizas #LAT e #LONX, para recoller as coordenadas da ubicación do artigo.

Exemplo dun bucle gis:

<BOUCLE_centrado(GIS){id_article}>
#LAT
#LONX
</BOUCLE_centrado>

ACTUALIZACIÓN 20/03/07 [10550]:
Implementouse no mapa poder acceder os artigos dinámicamente dende fóra do mapa, de forma que tendo unha lista de artigos, clicando sobre eles, aparezan automáticamente no mapa.

Para que suceda esto simplemente debemos crear un bucle como o que segue:

<BOUCLE_articles_map(ARTICLES) {par date}{inverse}{0,20}>
<a href="javascript:abrirVentana([(#ID_ARTICLE)])">[(#TITRE)]</a>
</BOUCLE_articles_map>

A novedade está na seguinte liña, que debe de estar escrita tal cal:

<a href="javascript:abrirVentana([(#ID_ARTICLE)])">

ACTUALIZACIÓN 28/04/07 [11688]:
Modificouse o plugin para que fora compatible con Internet Explorer. Hai importantes cambios á hora de facer o esqueleto, sin os cales non se verá o mapa. Podedes botarlles un ollo a estes cambios na páxina de test do plugin.

PRÓXIMAS VERSIÓNS:
En versións próximas crearase unha nova baliza #ZOOM, e un formulario para engadir un artigo con googlemaps dende a parte pública.

AUTORES DO PLUGIN:
Horacio González (horaciogd‘at’vhplab‘p’net)
Berio Molina (berio‘at’alg-a‘p’org)

17 Mensaxes do foro

  • Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip

    18 de setembro do 2008 09:01

    como hacer si el sitio esta en utf8?

    Plugin parece ser por iso-8859

    Con UTF8 tengo problemas de accentuacion con Données Cartographique

    Quizas alguien sabe?

    Nicolas

    Responder a esta mensaxe
  • Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip

    27 de abril do 2007 14:53, por ivan

    bravo muchachos ! Hariba

    Responder a esta mensaxe
  • Plugin Gis para Spip. IE doesn’t print the map content

    12 de abril do 2007 12:15

    It works fine with FF but IE only prints a grey rectangle...

    Here it is http://www.bzh-explorer.com/spip.ph...

    Pascal

    Responder a esta mensaxe
  • Modifiying the start map

    11 de abril do 2007 08:46

    Real pretty stuff guys, many thanx !

    How can i do to modify the start map so as to have Brittany instead of Spain and have satellite/map mix. I’m reading your code in the plugin folder but i thought i would ask anyway ;

    Pascal

    Responder a esta mensaxe
    • Modifiying the start map
      12 de abril do 2007 02:05

      For the public part, modifications of the latitude and longitude have yet to be done in inc-gis_map.html,

      for the private part, it’s in the file inc/parte_privada.php

      maybe it would be easier to have this in some gis_config.php file (coords and zoom level)

      some times after actualisation, the point doesn’t print on the public map (and it could be also easier to have the point printed in the private map when it’s already fixed.)

      Also, in the public area when i zoom i would like to be centered on the point but it doesn’t work like this and i need to add some googlemap function but i don’t know which one yet;

      well, fun to use however ;

      Pascal

      Responder a esta mensaxe
  • Plugin Gis para Spip. Problema con IE

    11 de abril do 2007 03:55, por quentic

    Ola!

    I’ve used the plugin with Firefox without any trouble. However when I try to see the public site with IE, I get the following message (sorry, it’s in french) :

    Erreur d’exécution Microsoft JScript : cet objet ne gère pas cette propriété ou cette méthode.

    When entering the debug mode, the code is stuck on the GMap2 line (last line of this extract).

    <div id="map" style="width: 700px; height: 600px; top:0px"></div>
            <script type="text/javascript">
            //<![CDATA[
            URLbase = "http://127.0.0.1/Protectas/";
            $(document).ready(
                    function() {
                       if (GBrowserIsCompatible()) {
                               // facelo mapa
                               id_map = document.getElementById("map");
                               map = new GMap2(document.getElementById("map"));

    Have you ever heard of this problem?

    Thanks
    Christian

    Responder a esta mensaxe
  • Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip

    10 de abril do 2007 00:49, por quentic

    Hola,

    This plugin is fantastic. I put it to work in only a few minutes!

    Thanks for the work you have done.

    I’d like to make it even more accessible to the french-speaking community. Do you need help to translate this documentation into french?

    Christian

    Responder a esta mensaxe
  • $(document).ready is not a function

    25 de marzo do 2007 05:59

    Hello, great plugin. But i still have a problem, the map doesn’t appear on the public part of the website.

    I’ve got a javascript error : " $(document).ready is not a function ".

    Any idear to fix this ?

    Responder a esta mensaxe
  • Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip

    14 de marzo do 2007 03:00, por Antón Méixome

    Ola de novo Berio,

    Primeiro unha pregunta: é este o lugar adecuado para preguntar??

    Sinto non darche case tempo a gozar da saída do plugin. Hai problemas:

    - Nunha instalación local vai perfectamente
    - Nunha instalación nun servidor estándar (en Dinahosting) o plugin non crea as táboas propias (que cree táboas na base de datos debería advertirse).

    No proceso de instalación, tras conseguir a clave da API de Google, introduces a clave na configuración do plugin e dache OK e que "clave introducida", pero non é certo. Non se pode gardar a clave se non están as táboas accesibles. Investigando o problema deime conta que non creaba as táboas "spip_gis" e "spip_gis_config".

    Creei as táboas á man (o cal non é moi amigable) e agora si que xa funciona.

    Fixen a instalación tanto cunha versión 1.9.2 de SPIP como cunha SPIP 1.9.3 dev [8871].

    - Por último, a parte pública. Non me mirei moi en detalle todas as opcións pero en principio poñendo o INCLURE básico que indicas o que mostra só é a cabeceira, data e o autor. Nin o texto do artigo nin imaxes. Todo isto cos esqueletos da dist, claro.

    Suxestións:
    - que se poidan meter varias coordenadas no mesmo artigo.
    - que o inclure básico mostre todo o contido do artigo. Máis doado para todos.

    Responder a esta mensaxe
    • Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip
      15 de marzo do 2007 18:31, por Berio Molina

      Ola Antón, xa mudei o da imaxe, espero que agora se che vexa. Tamén puxen a información de que se van instalar as taboas. Son pequenos cambios, pero imos indo.

      A baliza texte no bocadillo non a metín aínda, porque tende a dar erro xa que no bocadillo de momento non se poden empregar os atallos tipográficos de spip, por problemas de formato de texto.

      Seguimos

      Responder a esta mensaxe
    • Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip
      14 de marzo do 2007 03:31, por Berio Molina

      Ola Antón.

      Si, este é o lugar idóneo para preguntar.

      Probamos a instalación do plugin en servidores estándar e funcionaba (Dreamhost e Aruba), pero revisareino esta noite a ver si con algunha das últimas actualizacións que fixemos se estragou algo. Tomo nota de advertir á xente que o plugin vai a instalar dúas táboas novas, poreino na descripción do plugin.

      Efectivamente, o ok da KEY de Googlemaps é falsa, o le directamente do formulario e non dende a base de datos. O fixemos así, aínda sabendo que non era verdade porque para que lera a chave da base de datos tiñamos que darlle a actualizar a páxina no explorador, xa que cando lle damos a OK para meter a chave, non recolle os datos da base, só os escribe, e só os recolle cando fas un clic máis (é como si se quedara a páxina en caché, aínda que non creo que sea ese o problema). Non soubemos como solucionalo... Si tes algunha idea de como facelo, adiante!

      Porei o que falta no bocadillo do google maps pola noite, actualmente para que apareza unha imaxe hai que subila como documento, non como imaxe. E se subes un son tamén aparece un reproductor mp3. Cambiareino para que poida ser tanto imaxe como documento.

      O da varias coordenadas no mesmo artigo, faremolo en versións posteriores do plugin, si te animas, podes meterlle man.

      Cambiarei hoxe o inclure básico para que mostre todo o contido do artigo.

      Seguimos!

      Responder a esta mensaxe
  • Plugin Gis para Spip. Google maps e Spip

    13 de marzo do 2007 04:14, por Antón Méixome

    Impresionante. Noraboa.

    Creo que lle vou sacar utilidade moi pronto. De feito, estaba agardando por el.

    Antón

    Responder a esta mensaxe