Insertar os mapas a través dos esqueletos

Por Horacio González. martes, 20-05-2008
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Dereitos de autor Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Horacio González. Insertar os mapas a través dos esqueletos [online]. Vigo, España, Escoitar.org, maio do 2008 [versión de febreiro do 2009] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Insertar-os-mapas-a-traves-dos
Espera un momento ¡Buscando artigos!

Para insertar un mapa a través dos esqueletos é necesario facer unha chamada ao modelo carte_gis utilizando o siguinte código.

[(#MODELE{carte_gis}{id_article}{id_rubrique}{id_mot}{id_auteur}{recherche})]
Na actualidade, xa non é posible facer a chamada ó mapa directamente a través dun <INCLURE>, do mesmo xeito que nas primeiras versións do plugin. Isto é así, porque agora o modelo carte_gis encargase, simultáneamente, de crear o <div> que contén o mapa, de xerar o script de Google Maps e de engadir os enlaces ós documentos Javascript necesarios.
Deprecated: <INCLURE{fond=inc-gis_map}{id_carte_gis}{id_rubrique}{id_mot}{id_auteur}(...)>
O modelo permite introducir os parámetros habituais de Spip como id_rubrique, id_auteur ou id_mot, para que os mapas poidan amosar os artigos que correspondan en función do contexto.
{id_rubrique} {id_secteur} {id_article} {id_mot} {id_groupe} {id_auteur} {recherche}
Nembargantes, existen bastantes parámetros opcionais que permiten modificar a apariencia e a forma en que se comportan os mapas dos que aínda non existe documentación. Ó longo dunha serie de pequenos artigos que compoñen a documentación para usuarios, vou tratar de explicar como transformar o aspecto dos mapas e personalizar o seu comportamento. En todo caso aqui tendes un resumo dos principais parámetros.
  • {id_carte_gis=''} Permite esteblecer o atributo id do <div> que contendrá o mapa.
  • {type} {latit} {lonxit} {zoom} Permiten seleccionar o tipo de vista, a latitude, a lonxitude e o zoom iniciais do mapa.
  • {control='small', 'large', 'custom'} Permite establecer a clase de controis e botóns que utilizará o mapa.
  • {control_type='non'} Permite eliminar o control de tipo de vista.
  • {control_move=''} Permite eliminar o control de movemento, no caso de utilizar controis personalizados.
  • {control_zoom=''} Permite eliminar o control de zoom, no caso de utilizar controis personalizados.