Gravacións de campo. Mexilóns en Xuño

Por Berio Molina. martes, 8-08-2006
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Dereitos de autor Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Berio Molina. Gravacións de campo. Mexilóns en Xuño [online]. Vigo, España, Escoitar.org, agosto do 2006 [versión de agosto do 2006] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Gravacions-de-campo-Mexilons-en
Espera un momento ¡Buscando artigos!

Esta é unha gravación duns mexilóns que atopamos na Lagoa de Xuño, un puñado de mexilóns nunha lagoa prácticamente seca nestas datas do ano, pero que na zona donde gravamos estaba cuberta por un manto de algas que facían unhas formas moi orgánicas e especiais, dunha grande tactilidade, semellante ás formas do cabelo cando están medio sumerxidas, medio flotando na superficie da auga.

Os mexilóns estaban mortos, só tiñan a súa cuncha, e puxemonos a movelos para que se rozaran entre si.

As lagoas litorais pechadas por unha barreira dunar de indubidable atractivo paisaxístico e ambiental, (as de Xuño e Muro), foron tamén obxetivo do noso micrófono. A gravación foi feita na primeira Lagoa (a de Xuño. Pódese ver neste mapa aéreo). Nestes días estaba completamente seca, (ver os rexistros fotográficos), así que a paisaxe era espectacular.

Estamos na comarca do Barbanza, onde se mesturan patrimonio histórico e natureza en estado puro.

Flora: especialmente adaptada á forte salinidade e sustrato arenoso como a Cebola dás Gaivotas. Juncos e Carrizo nas lagoas, prados artificiais. Tamén algunha especie endémica como o Iberis procumbens.

Fauna: Especialmente ánades e garzas, pero tamén cercetas, zampullines, porrones, limícolas, etc. Paso migratorio de multitude de aves.

(Este extracto de texto foi sacado de Galiciaparaelmundo.com)

ESCOITAR AS GRAVACIÓNS