Escoitar.org, xira verán 2007. Ferrol

Por Escoitar.org. luns, 16-07-2007
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Escoitar.org. Escoitar.org, xira verán 2007. Ferrol [online]. Vigo, España, Escoitar.org, xullo do 2007 [versión de agosto do 2007] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Escoitar-org-xira-veran-2007
Espera un momento ¡Buscando artigos!

CadraFerrol

Escoitar.org vai de xira polo norte de España. Neste caso trátase da experiencia na cidade de Ferrol na que membros do Centro Coreográfico Galego bailaron paisaxes sonoras da cidade en colaboración co proxecto Escoitar.org.

Concevida como unha paisaxe sonora para ser bailada CadraFerrol é unha creación que busca expandir a escoita somerxéndonos nun espazo cuadrafónico. Herdeira da panauralidad de John Cage incide no perfil acústico de O Ferrol no que conviven sons de moi diferente natureza.

CadraFerrol está realizada a partir de gravacións de campo co fin de revelar a musicalidade dos trazos sonoros que acompañan os ciclos urbáns incentivando o noso coñecemento acústico da contorna inmediata a través dunha experiencia estética múltiple -son e danza- que evidencia a complexa realidade sonora desta cidade.

Grazas a Cultura de Comunicación pola súa sensibilidade co son que nos rodea.

2 Mensaxes do foro

  • Escoitar.org, xira verán 2007. O Ferrol

    15 de agosto do 2007 17:50, por Fos

    Iniciativa moi interesante a de www.escoitar.org Recórdame á musicoloxía urbana e ás paisaxes sonoras que estudei cando facía "Socioloxía da Música", unha materia da Licenciatura de Hª e CC da Música. Por certo, desde o ano 1983 o nome oficial de Ferrol e precisamente así, Ferrol, sen artigo diante. Prégovos que o corrixades. Un saúdo. Óscar.

    Responder a esta mensaxe