Escoitar.org na Fonoteca Nacional de México

Por Escoitar.org. domingo, 11-01-2009
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Escoitar.org. Escoitar.org na Fonoteca Nacional de México [online]. Vigo, España, Escoitar.org, xaneiro do 2009 [versión de xaneiro do 2009] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Escoitar-org-na-Fonoteca-Nacional
Espera un momento ¡Buscando artigos!

Durante a derradeira semana de novembro, escoitar.org estivo na Fonoteca Nacional de México montando unha instalación interactiva con motivo da inuguración deste centro.

A instalación consistíu nun mapa interactivo no que o espectador podía seleccionar o lugar cuxas paisaxes sonoras soarian. O mapa estaba composto polas 31 entidades federativas de México máis o Distrito Federal de México (México D.F.), ubicando en cada un destes estados varias paisaxes sonoras que formaban parte dos fondos da Fonoteca.

Polo tanto a instalación constaba de dúas partes; por un lado o espectador podía manipular unha mesa na que estaba impreso o mapa de México, de modo que ao pulsar sobre os estados, estes se activaban. Por outro lado o espectador podía ver unha proxección de video donde o mapa se volvía dinámico e a modo de vista aérea navegaba polos distintos estados, creando un paseo sonoro ao pasar por eles.

O programa que crea a animación, que lle puxemos de nome Sonorama, é o Processing, e o programa que se encarga de reproducir as paisaxes é o Puredata. Poden descargarse e modificar estes programas no trac de escoitar:

Sonorama

Esta é unha versión doutra instalación que foi montada anteriormente entre outros sitios na Laboral de Xixón. Aqúi podedes ver un video da anterior versión da instalación, semellante á que se montou en México:


Instalación de Escoitar.org from Chiu Longina on Vimeo.

Ver fotografías da montaxe na Fonoteca: