Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009

Por Carlos Suárez. xoves, 12-02-2009
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Carlos Suárez. Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009 [online]. Vigo, España, Escoitar.org, febreiro do 2009 [versión de febreiro do 2009] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Escoitar-org-invitado-ao-foro
Espera un momento ¡Buscando artigos!

Escoitar.org no WFAE. México 2009

Megalópolis sonoras. Identidade cultural e sons en perigo de extinción.

O Foro Mundial de Ecoloxía Acústica, creado en 1973 en Canadá, é unha asociación internacional integrada por organismos e individuos interesados no estudo dos factores sociais, culturais e ecolóxicos que determinan o ambiente sonoro. Desde a súa formación, o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica foi crecendo ata converterse nun colectivo de 9 de afiliados en todo o mundo, incluíndo Canadá, Grecia, Australia, Reino Unido, Finlandia, Estados Unidos, profesionais alemáns, Xapón e agora México. En marzo de 2009, a Fonoteca Nacional e Foro Mexicano de Ecoloxía Acústica terán a honra de acoller o próximo acontecemento importante para o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica, concibido como un espazo académico que permita a reflexión sobre un tema pouco estudado e explorado en México: a ecoloxía acústica. Co tema Megalópolis sonoras. Sons en perigo de extinción, A Fonoteca Nacional e o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica México, 2009 invitan a investigadores, artistas sonoros, músicos e profesionais do son, a asistir ás conferencias, talleres, instalacións e presentacións de obras sonoras e audiovisuais, que serán realizadas por profesionais e artistas de 16 países, da comunidade mundial de ecoloxía acústica e paisaxe sonora.

MÉRCORES 25 DE MARZO.

19:30 - Concerto.- "Alegorías do poder" - Pezas acusmáticas baseadas en sons en perigo de extinción de Galicia e Venezuela. Carlos Suárez compositor e etnomusicólogo, membro do Colectivo escoitar.org Galicia, España. Lugar: Sala Murray Schafer da fonoteca nacional de México.

XOVES 26 DE MARZO.

13:00 - Relatorio - Fonotopías de Galicia. Rexistro e estudo de sons en perigo de extinción. Carlos Suárez compositor e etnomusicólogo, membro do Colectivo escoitar.org Galicia, España.

PROGRAMA COMPLETO

cncafnea08_mx_bg-2.jpg