Acerca de Escoitar

Por Escoitar.org. sábado, 8-07-2006
Outros artigos da mesma sección Buscar outros artigos Citar este artigo

Referencia bibliográfica segundo a ISO 690-2:

Escoitar.org. Acerca de Escoitar [online]. Vigo, España, Escoitar.org, xullo do 2006 [versión de xaneiro do 2008] [citado o ].

Dispoñible en Internet:

http://www.escoitar.org/Acerca-de-Escoitar
Espera un momento ¡Buscando artigos!

Escoitar.org é unha comunidade en rede aberta cuxo principio fundamental é a liberdade, (fronte ao máximo beneficio). Pretende contribuir á xeración de novos modelos de sociedade adaptados ás condicións sociais actuais. Para Escoitar.org a innovación se fortalece se se comparte, (todo o que non se dá pérdese), ese é o principal valor deste proxecto comunitario cunha importante dimensión ética baseada no compromiso e no valor da cooperación.

Tamén reflexiona sobre en que medida o espírito open source empeza a chegar aos compoñentes esenciais do poder; en que medida a movilización de recursos, fóra das institucións do estado, contribúen a diluír o poder das corporacións e cuestionan a teoría económica do valor. Este proxecto súbese ao barco da dinamización social apoiando a forza e a garantía que xa ofrecen outras comunidades en rede. Situase en contra das posicións neutrales e, ao mesmo tempo, reflexiona sobre os perigos do fundamentalismo tecnolóxico. Paradóxicamente, presenta as opinións de todas as frontes sociais sen sometelas a xuízo. A cultura é unha construción social dinámica e relatar/rexistrar o seu tempo real é outro dos obxectivos do proxecto. O patrimonio sonoro dun lugar debería ser consensuado polos seus habitantes, é por elo que Escoitar.org facilita unha ferramenta que pode axudar a materializar este tipo de actitude.

Escoitar.org é tamén unha Asociación Cultural sin ánimo de lucro de ámbito rexional con sede na Rúa Areal, 142, 6D de Vigo e co Número de Rexistro 2007/010468-1 (SC). Forma parte do Proxecto-Edición (CGAC, MARCO e Fundación Luis Seoane) e atende a unha das liñas de investigación do Grupo de Investigación DX7 Tracker da Universidade de Vigo, no que está actualmente integrado.

AS SÚAS ACTIVIDADES CÉNTRANSE EN:

*Conservación da Memoria Sonora de Galiza.
*Posta en valor do patrimonio cultural inmaterial.
*Restauración/dixitalizacón do Arquivo Sonoro de Galiza (en proceso).
*Seminarios/obradoiros para promocionar e fomentar o fenómeno sonoro como elemento fundamental da cultura del paí­s.
*Fomento da participación dos oíntes na configuración do patrimonio sonoro de Galiza.
*Traballo de campo/gravación e contextualización dos sons ambientais de Galiza a partir do punto de vista artí­stico, etnomusicolóxico, bioacústico e antropolóxico.



O SON COMO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL

A obsesión occidental por favorecer os aspectos visuais da cultura provocou o menosprezo doutras capacidades perceptivas, como o oído, relegando a un segundo plano aquelas experiencias existenciais consideradas menos significativas, en gran parte, polo seu carácter efémero.

No obstante asistimos ó longo do século XX a un crecente interese polo fenómeno sonoro mais alá da música e da física acústica no que os sons medioambientais revélanse como un interesante obxecto de estudo interdisciplinario (antropoloxía, ecoloxía sonora, bioacústica, ciencias cognitivas, arquitectura, creación artística...)

Ben sexan naturais ou unha construcción producto do funcionamento das sociedades modernas, os sons que nos rodean forman parte inevitable das nosas vidas e da nosa memoria colectiva, presentándose como un material inestimable para a comprensión das culturas e as sociedades que os producen, os utilizan ou os perciben.

Por esta razón, a actitude cara ó son dun lugar non só debe ser positiva, se non que debese estudiar para identificar aqueles compoñentes que merecen a pena se conservar, ou, incluso, restaurar.

O interese pola Paisaxe Sonora é relativamente recente e apenas estudiado dende o punto de vista artístico e cultural.

O grupo de investigadores que baixo o nome de World Soundscape project surxiú na Universidade Simon Fraser (Vancouver) a finais dos sesenta da man de M. Schafer y B. Truax presentaba unha proposta pioneira -“documentar e arquivar paisaxes sonoros, describilos e analizalos, e promover un aumento do coñecemento público a través da escoita e do pensamento crítico”- que dende entón tense enriquecido con diferentes enfoques. Institucións como o WFAE (world forum for acoustic ecology) [1] ou o Acoustic ecology institute [2], proxectos como Acoustic Enviroments in Changes [3], Soundtransit [4] ou Earth Ear [5], grupos de traballo como CRESSON (Centre de recherche sur l’espace sonore et l’environnement urbain) [6] ou Ciudad Sonora [7], os textos de Y. Leroy, J. F. Augoyard, B.

Krausse, A. Corbin ou as obras de numerosos artistas como B. Truax, B. Fontana, H. Westerkamp ou A. McCartney son só algúns dos exemplos do crecente interese que suscita a idea de “paisaxe sonoro” na súa multiplicidade de perspectivas.

Unha aproximación ó son dun lugar é unha aproximación ó seu patrimonio inmaterial, que pode recollerse con fins estrictamente documentais, ou, no caso de “Escoitar”, como materia bruta para a posterior análise cultural e para suscitar debate e cooperación na rede. Expoñer son nunha instalación artística ou nun proxecto en rede é, en realidade, contar o “paso do tempo”, sincronizar a línea do tempo universal con ese momento e esa situación.

Os sons son materias non renovables e o feito de capturalos e expoñelos supón un alongamento da sua vida, xenerando novos espacios vivos e mutantes. Percibir, comprender e concebir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares, a sua coherencia e a sua idiosincrasia é un exercicio necesario e saludable.

Atopar o equilibrio bioacústico dun lugar, crear retratos o “Postaís Sonoras”, e construir un mapa de situación (on-line) e unha descripción destes lugares a través da sua paisaxe sonora contribue á construcción da identidad dunha zona xeográfica -o son como patrimonio, o son como documento histórico-. Todo gracias ás posibilidades que ofrece a rede como sistema horizontal e democrático.

Con este fin se desenrola un software adicado á publicación libre de paisaxes sonoras (Social Soundscapes) que permite a cualquera usuario participar subiendo audio ó sistema e colocalo automáticamente no lugar xeográfico no que ten sido grabado.

Basado nas APIs de Google-Map, (Googlemap hack) o usuario pode navegar polo mapa google ata atopar o lugar ónde fixo a súa gravación de campo. Facendo click en dito lugar, o software deseñado localiza automáticamente a latitude e a lonxitude de maneira que o resto de internautas poden localizalo e escoitalo.

[1] “Espectro multidisciplinario de individuos implicados no estudio dos aspectos sociais, culturais e ecolóxicos do ambiente sonoro”

[2] “Aumentar o coñecemento persoal e social dos nosos medioambientes sonoros, a través de programas educacionais en escolas, eventos rexionais, e o noso sitio web internacionalmente recoñecido, acousticEcology.org, un centro de información sobre temas ambientais relacionados co son e coa investigación científica”

[3] “Proxecto internacional multidisciplinario que estudia os cambios das paisaxes sonoras en seis poboacións europeas no que participan investigadores, artistas, xornalistas, habitantes locais e pioneiros canadenses do estudio das paisaxes sonoras”

[4] “Comunidade online dedicada ó ámbito da gravación de campo e á fonografía. Neste lugar podes planear unha viaxe sonora o longo de varias localizacións gravadas ó redor do mundo, ou podes buscar na base de datos sons específicos gravados por distintos artistas en distintos lugares”

[5] “Sitio deseñado como un espacio-instalación experimental no que podes navegar a través de galerías que proporcionan diferentes estilos de paisaxes sonoras medioambientales artísticas”.

[6] Laboratorio que investiga sobre os entornos sensibles e sobre os ambientes arquitectónicos e urbanos [...] Enfocado en principio ó estudio dos espacios sonoros, o laboratorio ha ampliou, a partir dos años 90, as súas investigacións a múltiples dimensións da percepción sensible in situ. Os investigadores abordan os fenómenos luminosos, térmicos, olfactivos, hápticos e cinéticos”.

[7] “Grupo de investigación entorno á dimensión sonora da vida social, que agrupa a profesionais de diversos ámbitos (antropoloxía, psicoloxía social, arquitectura, acústica, etnomusicoloxía, deseño) e ten como obxectivos crear unha rede de proxectos de investigación relativos ó son e á investigación social, desenrolar unha dinámica de investigación permanente sobre o son e as súas condicións perceptivas, políticas e estéticas e incentivar e participar no desenrolo de accións e intervencións ó fin de visibilizar o aspecto sonoro da vida urbana”

1 Mensaxe

  • Acerca de Escoitar

    12 de xuño do 2010 18:46, por luisa

    parece que a natureza tamen escoita nonso emite sonidos mas ben fala pra quen teña oido uo tal vez corazon. un bico jose ,si o sonido armonico da natureza,quiza este perdendo a armonia de tanta barbarie human sinsentido, ainda hay esperanza,antes e despois dda chuvia auga auga,mar fontes manantiales sumergidas baixo catedrais , baixo autovias desfragmentando una armonia cada vez mas alterada , si chove ten que chover o momento delas asi ten de ser.

    Responder a esta mensaxe