¡Buscando artigos!
¡Buscando artigos!
¡Buscando artigos!
¡Buscando artigos!
¡Buscando artigos!
¡Buscando artigos!
![]() |
Ao proxecto de Escoitar.org incorpórase un equipo de traducción de textos inéditos ou publicados noutros idiomas que non contan cunha traducción ao Galego ou ao Castelán. As temáticas que interesan a Escoitar.org son, sobre todo, as relacionadas co mundo da acústica e do son: fundamentos teóricos, análise, interpretación, ensaio, crítica, biografías, literatura documental, etc., facendo un especial fincapé nos textos relacionados coa Paisaxe Sonora e coa Ecoloxía Acústica. Temos tamén interese en traducir textos clásicos da disciplina artística Arte Sonora que non teñen unha versión no noso idioma. Este equipo está dirixido por Juan-Gil e conta coa colaboura doutras persoas como o propio equipo de Escoitar. Nesta sección tamén aparecerán publicados artigos propios dos membros de Escoitar.org, cuxa temática aborda asuntos como as Tecnoloxías de Control Social a través do son, os estudos etnográficos baseados no imaxinario sonoro dos habitantes dun lugar (Antropoloxía do Son), a Musicoloxía Aplicada e outros temas que inclúan o son como elemento fundamental no estudo dunha cultura. |