Buscar outros artigos

Actualidade

Nesta sección da Web poden consultarse as últimas novas relacionadas co proxecto Escoitar.org: accións, conferencias, relatorios, exposicións, montaxes, viaxes e todos os eventos que escoitar.org leva a cabo.

Escoitar.org forma parte do Grupo de Investigación DX7 Tracker, da Universidade de Vigo e as súas actividades céntranse en:

*Conservación da Memoria Sonora de Galiza
*Posta en valor do patrimonio cultural inmaterial
*Restauración/dixitalizacón do Arquivo Sonoro de Galiza
*Seminarios/obradoiros para promocionar e fomentar o fenómeno sonoro.
*Fomento da participación dos oíntes na configuración do patrimonio sonoro.
*Traballo de campo/gravación e contextualización dos sons ambientais de Galiza a partir do punto de vista artí­stico, etnomusicolóxico, bioacústico e antropolóxico.

Artigos publicados en Actualidade

X

En novembro de 2013 Google deixou de dar soporte á versión 2 da súa API, na que estaba enteiramente baseada a web de Escoitar. Dende entón esta páxina experimenta moitos problemas técnicos que producen fallos e erros no seu funcionamento. A solución do problema pasa polo desenvolvemento dunha nova versión deste mapa sonoro, pero nestes intres non temos recursos para facelo. Mentres estamos a procura do apoio necesario para levar a cabo este traballo, vos pedimos encarecidas desculpas polas molestias que poda supoñer á hora de subir, compartir ou escoitar son a través deste sitio.

Version 2 of Google API, in which was entirely based this site, has no support since November 2013. Ever since, the web page experiments many technical problems that may cause failures and errors. The solution lies in the development of a new version of this sound map, but for the moment we do not have the resources to do so. While seeking the necessary support to carry out this work, we apologize for the inconvenience when uploading, sharing or listening sounds through this site.

+ info