Lic. en Belas Artes pola Universidade de Vigo, programador e profesor de ensinanza secundaria en Santiago de Compostela. Na actualidade colabora cun grupo de profesores de Debuxo Técnico que deseña recursos didácticos interactivos e é membro do equipo de desenvolvemento do proxecto de Paisaxe Sonora en Galicia Escoitar.org. Desenvolve o seu traballo en relación co erro dixital, as baixas tecnoloxías e a interacción entre persoas e ordenadores.